domingo, 19 de xullo de 2020

Dourada con limón ao forno

Boa noite, bolboreteir@s! Como vai? Hoxe traémosvos unha receita sumamente sinxela pero que cremos que pode ser de interese, sobre todo para as persoas que, coma nós, non sodes especialistas no cociñado do peixe. De todas formas, neste verán, estámonos poñendo pouco a pouco e non falta un par de veces no noso menú semanal. Así aproveitamos tamén para sumar aos recorrentes salmón ou bonito, outros como a robaliza da última receita ou a dourada de hoxe. Adoitamos optar por non trastocar moito o produto para coñecer ben o seu sabor e que este destaque. Ademais, tamén aproveitamos para que o peque se inicie co peixe. Estamos os tres case que na mesma fase, haha.
Imos por ela!

Dourada con limón ao forno



Ingredientes:


  • 2 lascas de dourada
  • 1 cebola
  • 1 cenoria
  • 1-2 limóns
  • Tomiño
  • Pementa moída
  • Sal
  • Aceite de oliva




Utensilios: unha táboa e un coitelo e unha fonte apta para o forno.



Elaboración: 


Para comezarmos, temos que facer unha cama de lascas de cebola e cenoria no fondo da fonte. 


De seguir, colocamos os filetes de dourada. 


Salpementamos, regamos con dúas culleradas de aceite e co zume dun limón. Tamén, cortamos o outro limón en anacos e colocámolos por encima. 



Enfornamos a 220º, calor arriba e abaixo, durante 20-25 minutos, aínda que o tempo vai depender de como vos guste de punto o peixe. Aquí, ten que estar ben pasado. 


E xa estaría listo para comer! 


Agardamos que vos guste e que o poñades en práctica. De igual modo que para a dourada, serviría para outros moitos peixes, aínda que xa digo que probamos e ficamos moi contentos con esta combinación. Seguro que vós controlades máis ca nós deste tipo de receitas mais xa dicimos que esta seguro gusto a todo o mundo. Aperta forte, bolboreteir@s!

2 comentarios:

  1. Le ponéis unas patatas con las verduras a modo de cama por debajo??

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola,
      Sii, poñemos para facer máis completo o prato!
      Apertas e grazas por pasarte!

      Eliminar