sábado, 7 de decembro de 2019

Lagostinos en bechamel

Bo día, bolboreteir@s! Neste mes de Nadal imos recuperar as dúas receitas por semana xa que andamos con moitas ansias de cociñar e con moitas ganas de vos abrir o apetito con pratos ben apetecíbeis. 
E hoxe ímolo lograr segurísimo pois poucas persoas se poden resistir aos lagostinos e cando coñezades esta opción aínda será peor, hahaha.
Ante outro encontro con amizades, decidimos sorprender argallando novas creacións e optamos por un petisco potente, que adiantase un menú do máis saboroso. Aínda que nós xa adoramos os lagostinos á grella ou ao forno, pensamos en darlles un pequeno baño ;-) A ver que vos parece!




Lagostinos en bechamel



Ingredientes:





Utensilios: un pelador (ou mandolina), unha prancha e un recipiente apto para o forno.



Elaboración: 


Para comezarmos, debemos facer a salsa bechamel. Aquí tedes a receita. Reservamos. Mentres tanto, facemos tiras co pelador (ou mandolina) da cabaciña e cociñámolas nunha prancha, sazonándoa con pementa moída e curry. Reservamos. 



Pelamos os lagostinos. Podemos gardar a casca do lagostino para facer unha salsa americana ou un caldo de peixe ou de marisco. 


Enrolamos unha tira de cabaciña a cada lagostino. 


E poñémolos sobre a salsa bechamel. 


Gratinamos no forno, a 230º, aproximadamente, até que se gratine a bechamel. 


E xa estarían listos para comer! 


Aínda que na foto xa se pode intuír o bos que estaban a través da foto, pedimos aos creadores de contidos tecnolóxicos que logren permitir o envío de arrecendos ou probas culinarias vía dixital. Entre tanto, a opción que vos queda para confirmar a boa apariencia xa sabedes cal é! Aperta forte, amig@s!

1 comentario:

  1. No se me habría ocurrido preparar así los langostinos y no dudo que estén de muerte relenta 😋
    Una pena no poder meter la mano y dar cuenta de ellos 😉
    Bicos mil para los tres 😘

    ResponderEliminar