Bo día, bolboreteir@s! Nunca choveu que non escampara. E así foi. Vimos o sol tempo despois. Cada vez falamos máis do tempo, creo que se empezan a notar os anos seriamente.
Indo ao que nos atingue, estes días que andamos pola Coruña aproveitamos para convidar a bastantes amizades e a preparar novas probas de petiscos, destes que nos levan moi pouquiño tempo e que en ocasións coma esta logran resultados do máis satisfactorios.
Utilizamos produtos dos que gustamos moito e probamos tamén cun mollo que non dominamos como a tártara. A verdade é que gustamos inmensamente de ir achegando novos produtos ás nosas alacenas.
A ver que vos parece!
Obleas de espárragos e salmón
Ingredientes:
Utensilios: unha bandexa apta para o forno, papel vexetal e un pincel.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de colocar as obleas sobre o papel vexetal, sobre a banxeda do forno. Colocamos un anaco de salmón no centro, nós usamos un que xa vén mariñado con especias provenzais.
Poñemos 4 espárragos sobre o salmón e botamos pementa ao noso gusto.
Pechamos as oblemas cara ao centro.
Pintamos cun chisco de aceite e enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 10-12 minutos.
Sacamos do forno, servimos nunha fonte acompañándoas de salsa tártara.
E xa estarían listas para comer! Esta receita é moi visíbel e deixa pouco á imaxinación así que aquelas persoas que gustedes dos ingredientes incorporados ides namorar co petisco. Xa nos contaredes. Fortísima aperta!
Un entrante muy rico y fácil de preparar ,tomo nota me parece ideal para estás fiestas que se aproximan.
ResponderEliminarBicos mil para los tres 😘