Amosando publicacións coa etiqueta petisco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta petisco. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de decembro de 2019

Obleas de espárragos e salmón

Bo día, bolboreteir@s! Nunca choveu que non escampara. E así foi. Vimos o sol tempo despois. Cada vez falamos máis do tempo, creo que se empezan a notar os anos seriamente.
Indo ao que nos atingue, estes días que andamos pola Coruña aproveitamos para convidar a bastantes amizades e a preparar novas probas de petiscos, destes que nos levan moi pouquiño tempo e que en ocasións coma esta logran resultados do máis satisfactorios.
Utilizamos produtos dos que gustamos moito e probamos tamén cun mollo que non dominamos como a tártara. A verdade é que gustamos inmensamente de ir achegando novos produtos ás nosas alacenas.
A ver que vos parece!



Obleas de espárragos e salmón



Ingredientes:


  • Obleas
  • Salmón afumado
  • Espárragos
  • Pementa moída
  • Aceite de oliva

martes, 5 de setembro de 2017

Petiscos de aguacate

Continuamos na volta á rutina con máis e máis receitas. A cabeza está a traballar para vos traer moi diferentes opcións e hoxe presentámosvos a nosa última ocorrencia, uns petiscos de aguacate, ese produto tan na moda ultimamente polas súas múltiplas propiedades a pesar de non ser unha froita de día a día, entre outros motivos polo seu prezo.
Nós afeccionámonos a eles xa hai uns dous anos e desde aquela pasou a estar no noso menú semanal, habitualmente para os almorzos aínda que desta volta optamos por cociñalos para unha cea lixeiriña e, iso si, moi saborosa.
A árbore non se dá moi ben pola nosa terra debido a que necesita climas temperados (é común en zonas tropicais) aínda que hai zonas na Galiza en que curiosamente aparecen aguacates a moreas. Nós, por se acaso, xa temos a semente preparada, xa vos diremos se hai sorte.
Ademais, como xa sabedes das nosas inquietudes lingüísticas, queriamos comentarvos a orixe do termo, que aprendemos hai uns meses no estudo de americanismos na nosa lingua. Procede do  náhuatl, lingua nativa aínda hoxe de moit@s mexicanos, e vén significando "testículo" nunha asociación visual evidente. Ora ben, non por iso o imos comer con máis reparos, non? A por el ;-)


Petiscos de aguacate




Ingredientes:

  • 1 aguacate
  • 1 ovo
  • 2-3 culleradas de fariña
  • 2-3 culleradas de pan relado
  • 1/4 de culleriña de curry
  • 1/4 de culleriña de allo
  • Un chisco de sal

martes, 28 de xullo de 2015

Flocos de millo ao curry

Despois do éxito da última receita, esa Torta de Santiago que tan pouco durou pola nosa casa, imos cun petisco moi orixinal. Desta volta a receita non é nosa. Estabamos onte vendo a TV mentres xantabamos e apareceu por alí o famoso Arguiñano. A pesar de que non somos moi seguidores del, si ten pratos moi interesantes e este así nolo pareceu. Atractivo e moi sinxelo de elaborar.
Ademais xa había tempo que tiñamos ganas de probar algo coas mazarocas de millo que temos pola casa alén dos tradicionais flocos de millo, aínda que nunca pensáramos nalgo así. Se gustades dos flocos de millo e do toque que lle dá o curry á comida, esta é a vosa. Ollade que pouco traballo...

Flocos de millo ao curry


Ingredientes:
  • 2 mazarocas de millo
  • 1 cullerada de curry
  • 1 cullerada de aceite
  • Un chisco de sal

martes, 25 de novembro de 2014

Galletas de beicon e queixo

Vai chegando o mes de Nadal polo que se aproximan datas de moito cociñar e de moitas enchentas. Hoxe, traémosvos un bo recurso para estas datas. As galletas de beicon e queixo teñen moito de sorprendente e poderían actuar perfectamente como entrante neses días festivos.
Como normalmente vimos elaborando galletas doces (cookies bolachas de nata Crostatas de crema de cacao con avelás), matinamos a idea de lle dar unha volta e probar con algún produto salgado, e fomos ao seguro, o beicon mesturado con queixo, combinación típica que garante o éxito. E así foi.
Unha introdución perfecta a un magnífico xantar ou cea. Aínda que a verdade é que nós comimos con elas soas, comezamos probando unha, outra... e fartamos, haha. Aí vos van ;-)


Galletas de beicon e queixo



Ingredientes:
  • 210 gr de fariña
  • 120 gr de baicon de pavo
  • 120 gr de queixo relado
  • 100 gr de manteiga
  • 3 ovos
  • 3 culleradas de ourego