Que tal imos, bolboreteir@s? Tiñamos pendente desde hai ben tempo esta receita así que vola traemos con orgullo e co bandullo moi feliz posto que non se encontra un con larpeiradas coma estas todos os días.
Unha das "chuches" máis míticas coas que nos podemos encontrar é a nube, que a hai en mil e un deseños e cores. Lévanos acompañando desde a infancia e danos a espiña que así vai seguir sendo porque como sabedes, somos demasiados lambonciñ@s!
Desta volta, inspirámonos nunha creación doutra luguesa, Mirta Escudero, que xestiona Dulce Sentimiento e que vos recomendamos encarecidamente. A verdade é que neste caso si que iamos con bastante respecto na elaboración mais podemos xa confirmar que se deixa levar moi ben todo o proceso e o resultado é impecábel. Ollade!

Nubes caseiras
Ingredientes:
- 400 g de azucre
- 250 ml de auga
- 20 g de xelatina neutra
- 2 culleradas de pasta de framboesa (ou do voso sabor preferido)
- 30 g de maicena
- 30 g de azucre glas
- Un chisco de aceite
Utensilios: un cazo, unha cunca, un molde, un batedor de varillas e unha espátula.
Elaboración:
Para comezarmos, poñemos a xelatina na metade da auga (125 ml aprox.).
Mentres tanto quentamos, a lume baixo, o azucre co resto da auga até que comece a ferver.
A continuación, engadimos a xelatina coa auga e, continuando a lume baixo, esperamos a que volva ferver.
Retiramos do lume e esperamos a que se atempere a mestura.
Pasado ese tempo, engadimos a pasta do noso aroma preferido e batimos co batedor de varillas. Levaranos sobre 10-12 minutos. Aínda que pareza imposíbel a masa volverase moi cremosa. Con esta pasta, xa se tingue a masa, mais, senón, podes usar unhas gotas de colorante. Deixamos que repouse 4-5 horas nun recipiente engrasado cun chisco de aceite.
Mesturamos o azucre glas e a maicena e empoamos a masa con ela (isto é necesario porque é unha mestura moi pegañenta) e, coa axuda dun cortapastas ou un coite ímoslles dando forma.
E xa teriamos as nosas nubes listas para comer! Se as queredes conservar uns días, tédelas que gardar nun recipiente hermético para que non se sequen ;).
Agardamos que vos gusten e que as poñades en práctica! Aquí aínda estamos co azucre polas nubes, nunca mellor dito, mais ben sabedes que de vez en cando isto vén moi ben para nos animar ou simplemente para nos dar un luxo. Gozádeas inmensamente, amig@s!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario