sábado, 18 de maio de 2019

Pizza crocante de pesto e verduras

Bo día, bolboreteir@s! Por aquí aínda non comemos a estas alturas (14 horas agora mesmo) e imos realizar a árdua tarefa de recrear esta receita cando que estamos caninos. Temos algo de masoquismo ás veces, haha.
Ben, hai un deses pratos que gustan a case todos, especialmente aos peques e que nós, para non nos saír da normalidade gastronómica neste caso, adoramos inmensamente. Si, falamos da pizza. A verdade é que na nosa casa xa temos xornada dedicada á pizza, probándomos cada día as múltiplas posibilidades que esta nos ofrece. 
Certo é que a maioría das que facemos non as presentamos aquí porque simplemente varían no recheo. Mais esta merece un oco pola diferenza canto a masa, salsa e tamén ingredientes. É unha pizza atrevida cuxa inspiración parte dunha probada a semana pasada nun italiano da Coruña como vos dixemos na anterior entrada.
Imos ver como se prepara!



Pizza crocante de pesto e verduras


Ingredientes (para 2 pizzas):




Utensilios: unha cunca, unha bandexa do forno, papel vexetal, un rolete e un coitelo.


Elaboración:

Para comezarmos, temos de facer a masa da pizza. Aquí tedes o paso a paso








Estiramos a masa coa axuda do rolente, intentanto que quede o máis fina posíbel. 


Estendemos unha capa do noso pesto trapanese, que lle dará un toque moi especial. 


E botamos as verduras, ben picadas. O brócoli podedes cortalo finamente co coitelo ou incluso relalo. Intentade que vaian moi finas para que lles dea tempo a facerse no forno. 


Agregamos a mozzarella ao noso gusto. 


Enfornamos, co forno prequente, a 200º, calor arriba e abaixo, durante 5-7 minutos. 


E xa estaría lista para comer!


Ides percibir que é moito máis lixera que unha pizza normal por cuestións de masa. De feito, puxémosvos unha masa para dúas pizzas pois cremos que unha persoa come unha destas pizzas sen problema. Ou canto menos, así foi por aquí, haha.
Ben, agardamos pois que vos praza e que lle deades moito uso á receita. Aperta forte, amig@s!

2 comentarios:

  1. Uummmmmmmmmmmmmmm sin palabras que ganas de incarle el diente al monitor madre ,seguro esta de rexupete.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar