Bo día, bolboreteir@s! Cando vos falamos de pratos preferidos, a lasaña sempre está aí arriba. Desde sempre. Ademais, cumpre cun dos requisitos para ser dos nosos favoritos porque dá moitísimo xogo á hora de cociñar, mil recheos e mil variantes.
Xa vos dicimos que, de non vivirmos en Galiza, unha das mellores alternativas gastronómicas, ao noso ver, sería Italia. Paraíso culinario!
Desta volta, facemos da lasaña un acubillo vexetal que gozarmos. Sabedes que non é a primeira, que temos probado de moi diferentes formas, mais se coñecedes xa o pisto, imaxinaredes o ben que pode chegar a saber este prato.
Aquí tedes a nova receita:
Xa vos dicimos que, de non vivirmos en Galiza, unha das mellores alternativas gastronómicas, ao noso ver, sería Italia. Paraíso culinario!
Desta volta, facemos da lasaña un acubillo vexetal que gozarmos. Sabedes que non é a primeira, que temos probado de moi diferentes formas, mais se coñecedes xa o pisto, imaxinaredes o ben que pode chegar a saber este prato.
Aquí tedes a nova receita:
Lasaña de pisto
Ingredientes:
- 12 láminas de lasaña
- Queixo relado
- 200 ml de salsa de tomate
- 1 brócoli pequeno
- 1 pemento vermello
- 1/2 pemento verde
- 1/2 cabaciña
- 1/2 berenxena
- 1 cebola
- 8-9 champiñóns
- 2-3 dentes de allo
- 1 culleriña de curry
- 1/2 culleriña de cúrcuma
- Pementa moída
- Sal
- Aceite de oliva
Utensilios: unha fonte apta para o forno, unha pota (ou unha tixola grande), unha táboa e un coitelo e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer o pisto. Para iso, cubrimos o fondo da pota con aceite, 2-3 culleradas, e rustrimos a cebola e os pementos ben picados, tamén os dentes de allo.
De seguir, engadimos o brócoli.
Tamén a cabaciña e a berenxena, cortadas en dados.
Engadimos os champiñóns laminados.
Cando a verdura, estea ben brandiña, agregamos a salsa de tomate, mellor se é caseira, e mesturamos moi ben. Cociñamos 10-12 minutos.
Nunha fonte, apta para o forno, untamos a base cun chisco de aceite de oliva. Colocamos unha capa de láminas de lasaña e a metade do rustrido de verduras.
Tamén colocamos un pouco de queixo.
Cubrimos con máis pasta e máis pisto.
Finalizamos con outra capa de pasta e queixo ao noso gusto.
Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, co forno prequente, durante 20 minutos.
Sacamos do forno e xa estaría lista para comer!
Agardamos que vos guste e que poñades esta deliciosa receita en práctica. Por aquí xa temos data próxima para repetir elaboración e degustación. Que gustazo! Xa nos contades! Forte aperta, amig@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario