Bo día, bolboreteir@s! Como vai todo?? Seguimos sumando momentos e receitas. Despois de adozarmos a fin de semana, imos seguir cun petisco a medio camiño entre o doce e o salgado, mais que serve para nos adentrar da mellor maneira en calquera menú.
Estes bocadiños deixan un moi bo sabor de boca e róubannos moi moi pouco tempo. E non nos sexades folgazáns, que desta volta non serve excusas de serdes principantes. Non hai dificultade ningunha. Ollade que sinxelo e apetecíbel:
Bocados de queixo con marmelada de pemento
Ingredientes:
Utensilios: papel vexetal, unha bandexa apta para o forno, un vaso (ou cortapastas), unha culler e un pincel.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de estirar o follado. Córtamolo coa axuda dun cortapastas ou dun vaso. Facémolo en números pares para poder tapar as nosas empanadillas.
Poñemos un anaco de queixo sobre cada círculo. Nós, desta volta, utilizamos o queixo Brie.
Poñemos unha culleriña de marmelada sobre o queixo.
Agregamos un pouco de pementa moída.
Tapamos coa outra metade da masa de follado. Pechamos selando os bordos coa axuda do garfo.
Pintamos co ovo batido.
Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo, durante 12-15 minutos.
E xa estarían listos para comer!
Agardamos que vos guste e que poñades en práctica esta deliciosa receita.
Aínda non vos puxestes mans á masa? Eu de vós non agardaba a probar esta delicia case que divina. Veredes que gustazo. Lémonos, amig@s! Forte aperta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario