Bolboreteir@s, por aquí non vos temos o conto do black friday mais nós seguimos ofertando ilusión e sabor a partes iguais a través de moi diversas receitas. Hoxe presentamos unha pasta totalmente caseira, a primeira que facemos. Certo é que entre as pastas esta talvez sexa a máis sinxela de preparar na casa sen axuda de máquina. Tamén é verdade que a pesar de ser unha pasta italiana non se basea nos mesmos ingredientes, senón que poñen a pataca como elemento principal.
Coma sempre, moitas destas inspiracións xorden das nosas experiencias culinarias. Pois ben, había moito que non degustabamos uns ñoquis e despois da visita ao Lagar da Estrella (recomendabilísima visita a este restaurante da rúa Estrela da Coruña), o padal e o bandullo obrigáronnos a recrear esta receita que se logrou con moitísimo éxito.
Que marabilla isto da gastronomía, un mundo de constantes descubertas. Xenial!
Coma sempre, moitas destas inspiracións xorden das nosas experiencias culinarias. Pois ben, había moito que non degustabamos uns ñoquis e despois da visita ao Lagar da Estrella (recomendabilísima visita a este restaurante da rúa Estrela da Coruña), o padal e o bandullo obrigáronnos a recrear esta receita que se logrou con moitísimo éxito.
Que marabilla isto da gastronomía, un mundo de constantes descubertas. Xenial!
Ñoquis en salsa
Ingredientes:
Utensilios: unha pota, unha cunca, papel vexetal e un coitelo.
Elaboración:
Primeiramente, cocemos as patacas en abudante auga con sal.
De seguir, botamos as patacas nunha cunca, e salpementamos.
Engadimos a metade da fariña.
E o ovo e mesturamos moi ben.
Logo, engadimos a outra metade e seguimos amasando. Dependendo da pataca, ides necesitar máis ou menos fariña. Necesitamos unha masa homoxénea.
De seguir, collemos pequenas porcións da masa e facemos rulos. Cortámolos en anacos de 1 cm. A continuación, cocémolos en abundante auga fervendo e saberemos que están listos cando suban á superficie da pota.
Mentres tanto facemos a salsa. Quentamos a salsa de tomate xunto co viño e salpementámola ao noso gusto, tamén engadimos o allo.
Engadimos unha cullerada de queixo crema e mesturamos ben.
Cando se integre o queixo crema, engadimos o queixo relado.
Agregamos o ourego e a salsa xa estaría lista.
Agora, imos botando os ñoquis xa cocidos e integrámolos na salsa.
Servímolos nun prato ou fonte e engadimos un pouco máis de queixo e tamén de ourego.
E xa estarían listos para comer! Que aproveite ;)
Apetecen, verdade? Con ese sabor central da pataca e esta salsa intensa, non temos máis do que unha verdadeira delicia caseira do máis nutritiva.
Deixámosvos unha nova receita agardando as vosas impresións e recreacións. Unha fortísima aperta, bolboreteir@s!
Ains madre como me tentais con lo que nos gustan en casa los ñoquis y la de tiempo que hace que no los hago ,os han quedado divinisimos no lo siguiente.
ResponderEliminarBicos mil y feliz semana wap@s.
Pois con esta salsa están de morte relenta ;) ;)
EliminarBicos!