martes, 13 de setembro de 2016

Dornas gorentosas

Por aquí procuramos xa embarcación porque está a caer unha boa por toda Galiza. E o que queda! Iso si, boa falta facía tamén xa un pouco de auga. E iso que nós somos moi de sol e praia, claro. 
Optamos por un barquiño ben saboroso, que chamamos dorna, non pola exactitude da súa xeometría, nin moito menos, senón pola atracción que sempre nos supuxo este termo das Rías Baixas, bastante descoñecido polo Norte. Ben, pois hai moi tempo que viramos aproveitar os boliños de pan, dándolle forma de bote con multitude de opcións para actuaren de pasaxeiros. 
E ides ver que hai moita diversidade no interior destas dornas. Unha conxunción de sabores capaz de chamar a atención do noso padal con produtos máis intensos acompañados pola suavidade doutros. De todas formas, o mellor que podedes facer é innovar co que teñades a man ou se vos ocurra. Aquí as nosas ideas!

Dornas gorentosas


Ingredientes (para dúas persoas):


Para a chouriceira:
  • 1 bolo de pan
  • 2 culleradas de salsa de tomate
  • 1 lasca de queixo San Simón
  • 1/2 chourizo
  • Unha presa de espinacas
  • Queixo relado ao gusto
  • Ourego
Para a salmoeira:
  • 1 bolo de pan
  • 2 culleradas de salsa de tomate
  • 1 lasca de queixo San Simón
  • 1 lasca de salmón
  • 2-3 cogombriños
  • Queixo relado ao gusto
  • Ourego

Utensilios: un coitelo, unha bandexa apta para forno e papel vexetal.

Elaboración:

Para comezarmos, temos que cortarlles a parte de arriba aos bolos de pan e quitarlles a miga, que podemos aproveitar para facermos unhas Migas larpeiras.


Untámolos coa salsa de tomate. 


Colocamos o queixo San Simón. 


E, despois, nun poñemos o salmón e os cogombriños e, no outro, as espinacas e o chourizo. 



Cubrímolos co queixo relado. 


E enfornamos a 170º, calor arriba e abaixo, até que se funda o queixo, aínda que temos que ter coidado que non se toste demasiado o pan, haha! 


E xa estarían preparadas para comer as nosas deliciosas Dornas. Agardamos que vos gusten e que as poñades en práctica!


A navegar polo sorprendente mundo dos sabores! Non me digades que non lle metiades unha boa dentada a estas dorniñas? Pois consideramos que esta é unha boa alternativa aos bocadillos máis tradicionais xa que con esa apertura central permiten a inserción de alimentos de forma moi atractiva e permítenos dárlle ese toque cremoso co queixo por riba. É cuestión de probarmos, compararmos e termos cada vez máis recursos para a alimentación. De seguro que deste gustades moito. Boa navegación, lambisqueir@s!

3 comentarios:

  1. Hola ya estoy de nuevo por aqui despues de unos dias de desconexion por las fiestas.
    Esas dornas como le has llamado se ven divnisimas y seguro que estarian de rexupete de buena gana me llevaba una para la cena al igual que un trozo de la tarta de merengue y crema de limon uummmm me requete encantaaaaaaaa.
    Una vez es un placer venir a visitaros y disfrutar con vuestros maravillosos post y recetas.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas, agardamos que desfrutaras moito das festas!!
      Un pracer recibirte sempre por aquí!! 😁

      Eliminar
  2. Una vez mas es un placer venir a visitaros ,es lo que queria decir que estoy con el portatil de mi hijo y no me hago con el teclado jajaja.
    Bicos mil .

    ResponderEliminar