Imos tirar de clásicos nesta última receita de xuño. Porque ás veces reparamos en que non traemos certas receitas pensando que poden ser demasiado simples mais que realmente son elementos de valor da gastronomía do día a día. Ademais, que estes pratos van tamén pensando n@s máis nov@s, que en moitas ocasións nos mantemos distantes con alimentos de consistencia como o de hoxe por respecto. Ou o fermoso que é ver un rapaz ou unha rapaza a preparar un caldo galego ou un lacón asado. Hummm, resulta mesmo estimulante a idea :-)
Pois desta volta nós aproveitamos o menú das festas de San Xoán para dar cabida ao lacón. Hai quen di que esta carne se fai algo seca mais cremos que iso se pode deber a unha preparación defectuosa. Require un bo cociñado e certa atención ao adobo para lograr unha carne substanciosa, mais seguíndomos os pasos aquí indicados non deberiamos ter problema. De feito, seguro que moit@s de vós o preparades tamén así. Ollade e comparade ;-)
Lacón asado
Ingredientes:
- 4 kg de lacón
- 6-7 dentes de allo
- 250 ml de viño branco
- 1/2 vaso de brandy
- 1/2 vaso de auga
- 1/2 vaso de aceite de oliva
- 1 culleriña de pemento doce
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: unha fonte apta para o forno e un coitelo.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de adobar o lacón cun pouco de tempo de antelación, polo menos unha noite. E, para facer o adobo, temos de picar os allos e mesturalos co pemento doce e o aceite. Estendemos a mestura por todo o lacón e deixamos repousar no frigorífico.
Ao día seguinte, xusto ante de asalo no forno, engadimos a pementa moída e o sal ao gusto.
E tamén agregamos o viño branco, o brandy e a agua.
Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo ou co ventilador e o gratinador, durante, aproximadamente, 3 horas. Lembrade que no medio da cocción debemos darlle a volta para que se torre polos dous lados.
Cortámolo en lascas e xa estaría preparado para comer! Podémolo acompañar cuncas patacas, ensalada, pan... ou co que máis vos apeteza. Nós, para esta ocasión, fixemos patacas fritidas e unha ensalada clásica de leituga, tomate e cebola.
Xa é costume en Galiza pedir para as festas un lacón asado a unha carnizaria ou panadaría. E a verdade é que adoitan deixalos exquisitos. Porén, animámosvos ao preparades na casa dando valor a esa emoción do feito por un mesmo e dos resultados que vos abraiarán. E que ese mollo que solta o propio lacón é tan irresistíbel... Vaia, xa nos entrou a fame outra vez. Lémonos, amig@s!!!!
Uummmmmmm cosa mas rica madre , en casa nos encanta el lacon asado y seguro que este tuyo esta de rexupete a las fotos e ingredientes me remito.
ResponderEliminarTe ha quedado de relujo no lo siguiente.
Bicos mil wapa.
Mil grazas, a próxima vez avisámoste, si??
EliminarBicos!!
Di que si!! onde se poña un lacón asado que se quite o demais. é un prato que facemos moito na casa da miña nai estando de patrón ou en Navidad. Está super rico e quedou pa incarlle o dente xa mesmo.
ResponderEliminarBicossssss
Sii, na nosa casa tamén gusta moito e para as festas é ideal!!
EliminarUn día intercambiamos tuppers, hahaha!
Bicos mil!