martes, 21 de xuño de 2016

Flocos de pavo con bechamel de espinacas

Chegamos algo tarde, si. Mais non vos esqueciamos eh... O que pasa é que esta etapa de final de curso andamos algo enleados entre unha cousa e outra e quédanos pouco tempo no día para facer isto que tanto nos gusta.
Ben, pois tiñamos a sensación de que xa fixeramos os flocos de polo nalgún momento para o blogue, e sorprendémonos cando descubrimos que non era así. Así, aproveitando que tiñamos peituga de pavo (caseiras) na casa e que nos apetecía moito este sistema de preparado, decidimos tirar unhas fotos para vos dar a coñecer a nosa elaboración. Coñecemos os flocos hai tempo nun local de Covas (Viveiro) e desde aquela degustámolas con frecuencia, tanto fóra como na casa.
Iso si, queriamos engadir un plus e este estivo nun mollo suave mais que achega un punto diferencial á receita.



Flocos de pavo con bechamel de espinacas



Ingredientes: 

  • 1 peituga de pavo 
  • 1 cullerada de cúrcuma 
  • 1 cullerada de pemento doce 
  • Pementa moída 
  • Un chisco de sal 
  • Pan relado 
  • Aceite 


Para a bechamel de espinacas: 
  • 300 ml de bechamel  
  • 300 gr de espinacas 
  • 30 gr de queixo relado 

Utensilios: dúas tixolas, unha espátula, dúas cuncas, un batedor eléctrico e papel absorbente.

Elaboración:

Para comezarmos, temos de facer unha bechamel. Cando a teñamos, engadimos as espinacas e o queixo relado, mesturamos ben e trituramos co batedor eléctrico para que quede máis fina e se vemos que queda moi espesa, podemos engadir máis leite. Reservamos. 











De seguir, cortamos a peituga en pequenos anacos. Adobámola coa cúrcuma, o pemento doce e a pementa moída e o sal ao gusto. Se queremes e, para que se impregne mellor, podemos engadir un chisco de aceite. 


Empanámola con pan relado. Nós, neste caso, escollemos un un pouco máis groso do normal para que quedara máis crocante mais podedes escoller o que queirades. 


Fritímolos en abundante aceite e colocámolos sobre papel absorbente. 


Servimos o pavo acompañado da salsa e xa estarían preparados para comer!! Que aproveite!!


Entón... que vos parece? O prato, de seguro que o preparades con certa recorrencia pois é cómodo e moi moi saboroso. Ademais dun magnífico xeito de saírmos da rutina co típico cociñado das peitugas á grella ou na tixola. E tendo un bocadiño máis de tempo, pois xa nos poñemos exquisitos con esta bechamel.
Estamos perante un prato de 10! Tan saborosa que a ides querer facer unha e outra vez! Queda con vós nesta noite de martes. Apertas, bolboreteir@s! 

6 comentarios:

  1. Tiene que estar de vicio! esta la hago esta misma noche, que buena, seguro que es un no parar de comer.

    Un besazo y feliz semana

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que tal saíron? Conta, conta!!
      Un bico guapa e alegrámonos que che gusten!!

      Eliminar
  2. Un plato para repetir! Tiene que estar buenísimo bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Siii, nos os flocos de pavo facémolo moi a miúdo, a bechamel non tanto que non se pode, hahaha!
      Apertas!!

      Eliminar
  3. Pena de no estar mas cerca que me teniais en casa a cenar seguro que el pavo con esa bechamel de espinacas es lo mas de mas , no me ves pero llevo unrato haciendote la ola.
    De muerte relenta no lo siguiente,te ha quedado un plato de relujo.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben!! Canto nos alegran as túas palabras!!
      Mil grazas por todo!
      Apertas!!

      Eliminar