sábado, 7 de maio de 2016

Tubos de pan de molde

Amig@s! Xa por aquí de novo. Xa nos tardaba presentar esta nova receita cuxa idea tiramos destas contas en RRSS que tanto adoramos; esas tasty que nos poñen os dentes longos co poder da imaxe e da información rápida. 
Non pensáramos até o de agora en darlle esta utilidade ao pan de molde e unha vez visto isto xa nos puxemos a matinar sobre como elaborar uns tubos ben saborosos. O queixo, como non, non podía faltar. Para o resto era cuestión de completar.
Por certo, a maioría xa sabe o contentos que estamos coa reportaxe que fixo o programa da TVG A Revista arredor deste caderno dixital, mais para @s que non pasáredes por Facebook e Twitter, deixámosvos aquí a ligazón: Reportaxe Bolboretas no bandullo
A nós encantounos, xa nos direvedes vós. E para continuar co que máis nos gusta.... aí vai esta sorprendente receita!

Tubos de pan de molde

Ingredientes (para 2 persoas):

  • 6 lascas de pan de molde
  • 6 lascas de xamón cocido
  • 6 lascas de queixo
  • 1/2 cabaciña
  • 250 gr de salsa de tomate 
  • 1 bóla de queixo mozzarella
  • Un chisco de queixo relado
  • Unha cullerada de manteiga


Utensilios: un rolete, unha fonte apta para forno, mandolina (ou coitelo).


Elaboración:

Para comezarmos, temos de estirar o pan co rolete. 


De seguir, colocámoslle o queixo e o xamón cocido. 


Tamén dúas lascas de cabaciña, cortada coa mandolina ou moi fina co coitelo.


Enrolamos coidadosamente, aínda que é normal que rompa un chisco o pan. 



Botamos a salsa de tomate (mellor se é caseira) no fondo do molde e, sobre ela, os canelóns/tubos.




Derretemos a manteiga e pintamos con ela o pan envolto. 


Botamos os queixos por encima. 





E enfornamos a 180º, calor abaixo co gratinador, até que se toste o pan e se funda o queixo. 


E xa estarían listos para comer! Que aproveite!


Xa vedes o apetitosos que fican. De feito, creo que é boa idea presentalos como canelóns ante @s convidad@s para que aínda reciban con maior sorpresa a textura na primeira dentada. O sándwich é un produto universal sinxelo mais de elevada eficacia. Pois ese sabor do sándwich mantense neste prato máis coa orixinalidade da forma e dunha capa de queixo e outra de tomate que nos fai perder a cabeza. Mmmmmmm. Non vos está entrando a fame? A xantar!!!! Apertas, amig@s!

6 comentarios:

  1. Mira que orixinal!!, para unha ceniña os vexo la mar de ben.

    bicossss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois se probas xa nos contarás!!
      Mil grazas por lernos, ������

      Eliminar
  2. Ola, rapaciños meus!

    Sí, son eu... Aínda que despois de tanto tempo fora da circulación "blogueril" non sei se me lembraredes... Pfff... Todavía votarei outra tempada sen aparecer polo meu blogue, pero tiña que asomarme ó voso sí ou sí. A verdade é que boto de menos algunhas cousas, pero sobor de todo, boto de menos a algunhas personiñas e sen dúbida, vos formades parte de ese grupiño.

    Estou moi moi contenta da vosa repercusión nos medios, xa vos dixen noutra ocasión que síntome moi orgullosa do voso traballo e agora volo repito: Sodes uns cracks! Xa saídes na tele, qué subidón! Hahahaha Parabéns, rapaces!

    Seguide así, para mín sodes un referente non só no que respeita á cociña, senón tamén á cultura, qué falta nos facía ós galegos e galegas un blogue como o voso.

    Por certo, a receita de hoxe marabillosa! Non podía ser doutra forma.

    Vos mando unha aperta enorme e un feixe de bicos.

    Ata pronto, rapaciños!

    Yoly

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olaa! Nós tamén te botamos de menos, tanto as túas palabras coma as túas receitas!! Xa nos tarda que volvas coas túas receitas!!
      Moitísimas grazas, Yoly, por todo, por estar sempre aí e animarnos a seguir!
      Un bico enorme!

      Eliminar
  3. Vengo de veros en la Tvg y me habeis encantado como se nota que disfrutais con lo que haceis ,me alegra la repercursion que estais teniendo en los medios ya va siendo hora de que todo el mundo conozca lo que estais haciendo, formais un buen equipo,como me gusto ver que os alternais en la cocina y con la camara ademas de compartir la edicion de la receta, la gente no sabe el trabajo que conlleva un blog si no lo tiene.
    Seguro que esos tubos de pan estaban de muerte relenta a las fotos e ingredientes me remito me gustan todos y todos,os ha quedado una receta divinsima.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ohh, moitas grazas! O traballo é en equipa e fai que desfrutemos tanto co blog porque nolo pasamos moi ben traballando nel ;)
      Sii, os tubos estaban deliciosos!
      Moitísimas grazas polas túas palabras, Chus!

      Eliminar