martes, 15 de marzo de 2016

Tosta en pan de millo con camembert, salame e endivias

Que semana de sol levamos, que sorte! Canto se desfruta con tanta luz e cuns días que medran e medran. Cómpre aproveitar! Ademais, agardamos que xa logo suban as temperaturas para gozar dos xantares ao ar libre, en medio da natureza. Que idílicos e paradisíacos nos pon este sol primaveral, haha.
Mais non nos quita a fame, nin moito menos. Seguimos creando, argallando e degustando de todo un pouco. Xa non só con novas receitas senón que tamén aproveitamos sempre que podemos para probar novos alimentos xa que aínda non moitos os descoñecidos.
Así pois, achegámonos ao super nestes pasados días co obxectivo dun produto novo, e fomos dar ás endivias. O resto só foi cuestión de procurar combinación sen perder moito tempo, xa que pretendiamos facer unha cea rápida.
E aquí chegamos, a unha nova receita para presentar en Bolboretas no bandullo:


Tosta en pan de millo con camembert, salame e endivias


Ingredientes (para 4 tostas):

  • 4 rebandas de pan de millo
  • 4 anacos de queixo
  • 4-5 lascas de salame
  • 1 endivia
  • 1 cullerada de vinagre de Xerez
  • Ourego
Utensilios: unha prancha, unha tixola e un prato para presentar.


Elaboración:

O que debemos facer en primeiro lugar é tostar as rebandas de pan polos dous lados, nós fixémolo nunha prancha, mais podedes utilizar o forno ou un tostador. 



Cando o pan estea tostadiño por un lado, ao darlle a volta, poñemos o queixo para que se funda un pouco. Utilizamos cammembert para variar, mais escollede aquel do que máis gustedes.


Mentres tanto, nunha tixola, sen nada de aceite, fritimos o salame até que quede tostadiño. Rerservamos sobre papel absorbente, para que eliminar o exceso de graxa (xa sabemos que case todo é graxa, hahaha). Seguro que gustades da nova textura que fica a este friame.



Na mesma tixola en que fixemos o salame, botamos as follas das endivias, lavadas e secas, até que abranden un pouco. 


E, cando estean case feitas, engadimos a cullerada de vinagre de Xerez e deixamos un minuto máis. 


Chegou a hora de montar a nosa tosta! Sobre o pan co queixo derretido, colocamos unha lasca de salame (ou dúas se son pequenas e o pan é grande).


De seguir, poñemos as follas das endivias. 





Empoamos cun chisco de ourego e listas para comer! Que aproveite! 


Que gorentoso! Pode parecer que unha non será suficiente mais coidado, habedes de levar unha sorpresa. O pan de millo é farturento a máis non poder, e esa combinación arquitectónica-gastronómica bota abaixo a fame nun momento. A próxima vez habemos de incluír tamén pan caseiro, mais desta volta había un pouco de présa para a elaboración. Sexa como for, quedou unha tosta con moito xeito, ou non?
Agardamos que a vexades con bos ollos e que a levedes á vosa práctica. Unha aperta, bolboreteir@s!!

6 comentarios:

  1. con pan de millo me gusta todo, pero esa combinacion que nos traes tiene que estar de vicio! bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A nós pasanos igual co pan de millo, haha!! Seguro que encantaría este prato! 🙃🙃
      Grazas e mil bicos!

      Eliminar
  2. O mesmo que Viví, con pan de millo gústame todiño, e non é pa menos porque está que se sale de bon. Si lle unes estos ingredientes a fixemos boa...son capaz de comerme as catro tostas jajajajaja

    Bicosssss

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hahahahaha, segura que che encantarían tamén, 😉😉! Mais son máis farturentas do que parece... Hahahahaha!
      Apertas guapa!

      Eliminar
  3. Uummmmmmmmm con lo que me gusta el pan de millo ,bueno que sera lo que no me guste a mi jajajaja vaya boquita que tengo cada vez que vengo me marcho toda babaedita todo y todo me gusta y se me antoja ,te ha quedado una tosta de relujo y seguro esta de rexupete .
    Bicos mil y feliz finde wapisimaa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Iso é un bo sinal, hahaha!! Alegrámonos moito de que che gusten!!
      Mil grazas por todo!

      Eliminar