martes, 28 de xullo de 2015

Flocos de millo ao curry

Despois do éxito da última receita, esa Torta de Santiago que tan pouco durou pola nosa casa, imos cun petisco moi orixinal. Desta volta a receita non é nosa. Estabamos onte vendo a TV mentres xantabamos e apareceu por alí o famoso Arguiñano. A pesar de que non somos moi seguidores del, si ten pratos moi interesantes e este así nolo pareceu. Atractivo e moi sinxelo de elaborar.
Ademais xa había tempo que tiñamos ganas de probar algo coas mazarocas de millo que temos pola casa alén dos tradicionais flocos de millo, aínda que nunca pensáramos nalgo así. Se gustades dos flocos de millo e do toque que lle dá o curry á comida, esta é a vosa. Ollade que pouco traballo...

Flocos de millo ao curry


Ingredientes:
  • 2 mazarocas de millo
  • 1 cullerada de curry
  • 1 cullerada de aceite
  • Un chisco de sal

Utensilios: tixola, tapa da tixola.


Elaboración:

Para comezarmos, temos que quitarlle os grans ás mazarocas de millo. 









De seguir, botamos a cullerada de curry e o chisco de sal e mesturamos moi ben.









Quentamos a tixola e cando estea quente baixamos a medio lume e engadímoslle o aceite e os grans de millo. Tapámola para que non salten os grans e movemos a tixola continuamente para que non se peguen. Cando escoitemos poucos estalidos apagamos o lume e deixámolas alí un par de minutos, sen parar de mover a tixola.


Botamos os flocos de millo nunha cunha ou prato e xa estarían preparados para comer!!


Sinxelo, verdade? Pois así podemos ter un petisco orixinal co que ir abrindo apetito, un papel que cumpren moi ben os flocos de millo e sobre o que non se adoita reparar. 
Nós contamos con mazarocas caseiras, mais se non tiverdes non tedes máis que mercar o millo empaquetado de calquera supermercado para cociñar en tixola. Iso si, o que non vos recomendamos son as que xa vñen listas para facer en microondas en só 3 mins. Talvez teñan un sabor máis intenso mais non teñen moitos beneficios alimenticios que digamos... Todo o contrario que as naturais, que axudan entre outras cousas a reducir o exceso de colesterol e nos ofrecen magnesio e un altísimo contido de fibra.
Así que... vivan os flocos de millo naturais! E que saborosos con este toque de curry. Probade, probade :-) Unha aperta, amig@s! 












4 comentarios:

  1. No dejas de sorprenderme que palomitas tan originales y no dudo esten de vicio es la primera vez que las veo asi, tengo que hacerselas a mi hijo le encanta el curry.
    Gracias por tus visitas y comentarios eres un encanto.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é que cando vimos a receita, tardamos 5 minutos en poñernos a facela, hahaha! Están deliciosas e son moi viciosas!! ;)
      Moitas grazas a ti por todo!
      Bicos

      Eliminar
  2. Hola. Encantada de conocerte. Gracias por pasar por mi blog y por tu amable comentario. Yo ya me he suscrito al tuyo, para no perderme nada.
    Saludos y feliz verano.

    ResponderEliminar