martes, 24 de febreiro de 2015

Galletas de avea, laranxa e anacardios

                                                            [...]                                                             
Mollo n'a propia sangre á dura pruma

Rompendo a vena inchada,
y escribo... escribo ¿para quê? ¡Volvede
o mais fondo da yalma
tempestosas imaxes!
[...]
24 de febreiro, día en que conmemoramos o nacemento da, posibelmente, figura máis relevante da historia da Galiza e non só a nivel literario. Non imos dedicar aquí o espazo merecente a Rosalía xa que non acabariamos nunca, mais si cómpre reivindicarmos a súa obra a cal convén lermos para coñecermos a verdadeira Rosalía e o seu valor literario e cultural, sempre preocupado pola Galiza e pola situación marxinal das clases populares, especialmente das mulleres. Os seus textos, escritos no XIX, teñen hoxe unha incríubel vixencia que mostra a nosa escritora como unha adiantada ao seu tempo e unha visionaria. Sempre Rosalía!!
Ademais, como gran coñecedora das tradicións galegas, deixa mencionado en varios dos seus versos algúns dos pratos típicos na altura, e que nos serven para sabermos algo máis dos costumes alimenticios dos galegos e galegas. Talvez o seu poema máis culinario sexa "¡A pobriña, que está xorda...!"
Deste tiramos versos de enorme interese gastronómico, alén de literario, claro:

Que hoxe, seica... seica... seica...
Has de comer sete cuncas 
de bon caldo, coa da cea
e mas compagno de porco
ou de sardiñas salpresas
que os montañeses son homes
que cando dan, dan de veras.
[...]
Foron chegando, chegando,
mais de nove ulindo a festa,
i a ningún botou da porta
i a ningún botou da porta
a rica da montañesa;
que hai para todos, o día
que alí cocen, carne fresta
por arrobas, e se fan
papas de arroz en caldeiras.
[...]
Hai viño a Dios dar, un viño
do Ribeiro, que é canela;
e para a xente de menos
haino tamén do da terra,
un pouco agriño, mais fresco
e saboroso como fresas.
Coceuse unha gran fornada
de millo branco  que albea,
con mixtura de centeo
i unha pouca de manteiga.
Parece biscoito a broa, 
i un no se ve farto dela,
que inda é muito mási sabrosa
que os moletes que en tres cestas
[...]

Grande coñecerdora dos hábitos alimenticios da Galiza e tamén dos excesos tan comúns nas festas galegas. E así seguimos nós, procurando larpeiradas en que nos excedor de vez en cando, aínda que para isto procuramos compensacións con produtos bastante máis saudábeis. Hoxe por exemplo, seguimos unha receita de Isasaweis, para adaptar e elaborar unhas galletas saborosísimas, nutritivas e moi dixestivas.
Desde logo que son ben diferentes ás bolachas que até agora presentamos, tanto por sabor como por textura. Talvez, ao sacalas do forno poden pasar desapercibidas como unhas galletas normais. Porén, o momento do primeiro bocado serve para descubrir que estamos ante unha larpeirada diferente. Aquí a tedes:

Galletas de avea, laranxa e anacardios


Ingredientes (para 16 galletas):
  • 200 gr de flocos de avea
  • 100 gr de fariña integral
  • 100 gr de azucre moreno
  • 100 ml de aceite
  • 75 gr de anacardios
  • 1 ovo
  • 2 culleradas de mel
  • 1 culleriña de lévedo
  • 1 chisco de sal
  • O zume dunha laranxa
  • A reladura dunha laranxa


Utensilios: espátula, cunca, papel vexetal. 

Elaboración:

Para comezarmos temos de mesturar a avea, a fariña, o azucre, o lévedo, o sal e a raiadura da laranxa nunha cunca. 



De seguir, facemos un oco no centro e botamos o ovo, o aceite, o zume e o mel. Da mesma forma, engadimos os anacardos troceados e mesturamos moi ben. 




A continuación, mollamos un pouco as mans, facemos boliñas que sexan do mesmo tamaño e colocámolas sobre papel de forno. 



Enfornamos (co forno prequente) a 200º, calor arriba e abaixo, durante 15 minutos. 


Deixamos que arrefríen un pouco e xa estarían listas para comer!! 


Mmmmmmmm... que boas!! Hai unha mestura de elementos que fai esta lambonada moi atractiva, especialmente a avea e a laranxa. Se non gustades moito dos anacardios podédelos cambiar por outros froitos secos, claro, como almendras, avelás, noces... Mais nós tiñamos ganas de algo con este froito seco así que non podía ser outro. E quedamos encantados co resultado. Tiñamos algo de medo de que o mel as fixese moi intensas mais non foi así, destacando máis a frescura da laranxa.
Se vos apetecen unhas galletas diferentes e algo máis saudábeis e dixestivas, esta é a vosa receita, sen dúbida. Unha aperta larpeira. Desexámosvos que pasedes un bo Día de Rosalía (re)lendo a súa magnífica obra, e se pode ser tamén, botándolle un ollo ás nosas receitas. É unha boa combinación :-)

10 comentarios:

  1. Aiii que pinta! E co que me gusta a min agora a cociña saudable! Que marabilla! ;P

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa vimos que che quedaron riquísimas!! Alégranos que che gusten estas receitas!
      Un bico!

      Eliminar
  2. Igualmente te deseo un feliz dia disfrutando de la lectura de la maravillosa obra de Rosalia.
    Las galletas ummmmmmmmmmm de buena gana me las comia toas y toaaaaaaaaaaaaas que ricas tienen que estar ,se ven deliciosas ademas de quedarte divnisimaaaaaaaas.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
  3. un bonito homenaje a nuestra querida Rosalia!! y esas galletas con anacardos tienen que estar de rechupete, bicos

    ResponderEliminar
  4. ¡Ai! Fermosa entrada, Diana, sempre tan pendente das nosas cousas boas, que son tantas e tan variadas... As galletas teñen unha pinta boísima ¡os anacardos gostanme moitísimo! E Rosalía tamén... ¡Sempre no recordo!

    ¡Un bico grande e graciñas por lembrarnos sempre a nosa fermosa terra de tantas formas!

    Yoly

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a ti por seguirnos e interesarte nas nosas palabras! E tamén polos teus interesantes comentarios!
      Un bico!

      Eliminar
  5. Eu corrixiría as palabras: FLOCOS por copos (os copos son os vasos en portugués), e RELADURA (do verbo relar; pois as raiaduras son as que lle facemos ao coche nos garaxes coas columnas).
    Boa receita!

    ResponderEliminar