Martes de chuvia e espera para moit@s das vacacións de Nadal e nós que traemos unha nova receita. Unha das carnes que máis nos gusta é o polo (ou "pito" para nós, na Mariña luguesa :-)) e deste hai moitísimo aproveitábel, entre o que destacamos as ás. Facémolas de vez en cando e desta última volta decidimos inventar un pouco. As ás preparámolas de forma tradicional, é dicir, pasadas pola tixola para que queden con ese toque crocante que tanto nos gusta (mais sen pasarse, xa que se se tostan deixan un sabor algo desagradábel). E para acompañalas un mollo bolboreteiro.
E por que este nome? Non, tranquil@s, non lle botamos ningún becho... O que sucede é que como foi unha nova mestura que probamos, pois tamén tiñamos que lle pór un nome, e este foi o que se nos ocorreu, claramente relacionado co nome do blogue :-)
Cando elaboramos certas salsas ou cremas, adoitamos estar máis tranquilos porque imos sobre seguro e supoñemos que o resultado será un éxito. Porén, desta volta, arriscamos collendo diferentes elementos que tiñamos na cociña e que coidabamos que podían dar un punto de frescura ao polo, mais non tiñamos idea do que podía saír. E si, houbo sorte, e demos cun mollo realmente delicioso e moi lixeiro que combina á perfección con esta carne!
Ás de "pito" con salsa bolboreteira
- 24 ás de polo troceadas
- 100 gr de espinacas
- 1 cebola
- 1/2 pemento vermello
- 6 culleradas de mostaza
- 4 culleradas de salsa de tomate (ou un tomate)
- 2 dentes de allo
- 2 chiles
- 1 culleriña de ourego
- Aceite
- Sal e pementa
Utensilios: tixola, batedor eléctrico, vaso do batedor, prato ou fonte, cunca e unha culler ou garfo.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de salpementar as ás e fritilas nunha tixola cun pouco de aceite. De forma opcional, podemos engadir ao aceite un dente de allo, sen pelar, para que se aromatice un pouco máis. Deixamaos que se tosten un pouco (só un pouco!) e retiramos a un prato con papel absorbente para eliminar o exceso de aceite.
Mentres cociñamos as ás, temos de facer a salsa bolboreteira. Para iso, temos de colocar no vaso do batedor a cebola e o pemento cortados en anacos, o dente de allo, a mostaza, a salsa de tomate, os chiles, o ourego e as espinacas. Trituramos moi ben e poñémola na cunca para que despois se poidan servir @s comensais.
E, feito isto, só teríamos que colocar as ás cunha pouca de salsa nun prato e acompañalas do que máis vos guste: patacas fritidas, arroz branco, pan, ensalada, cous-cous... E xa estaría listo para comer!
Unha verdadeira delicia estas ás! Nós recomendaríamosvolas moi encarecidamente, principalmente polo mollo, que é ben especial con esa intensidade da mostaza mesturada coa suavidade das espinacas. Con todo, o realmente interesante é que probedes cousas así. Unha das características máis interesantes da cociña é as posibilidades que nos ofrece, o xogo que nos dá para personalizarmos moi diferentes pratos, e este é un novo exemplo. A nós quedáronnos ideais, mais seguro que tod@s vós tamén podedes inventar unha salsa tan deliciosa como esta bolboreteira. Sodes capaces do que quixerdes. E se non sae ben un día, xa sairá ao seguinte. Cómpre arriscarmos un pouquiño :-) Apertas bolboreteir@s!
¡Polo! A min tamén góstame moitísimo e é tan versátil.... Está bó de calqueira forma, aínda que non coñecía esta salsa tan bolboreteira hahaha ¡pois sí que é casualidade o do nome!
ResponderEliminar¡Unha delicia de receita! ¡Graciñas, Diana, por compartir!
¡Bicos!
Yoly
A salsa leva ese nome porque é creación nosa, hahaha!!
EliminarMoitísimas grazas por lernos e polas túas palabras!
Un bico!!
Ummmmmmmmmmm seguro que esas alitas con esa salsa bolboreteira estaban de muerte relentaaaaaaaa para no variar te han quedado de relujo.
ResponderEliminarComo no se si podre volver a visitarte esta semana y parte de la que viene pues trabajare de tarde , y apartir de la semana que viene estare desconectada del blog hasta el año que viene ,aprovecho tambien para desearte pases unas felices fiestas y un prospero año nuevo.
Bicos mil wapisimaaaaaaaa.
Moitas grazas! Felices festas a ti tamén e bo 2015!
EliminarUn saúdo!:-)