mércores, 3 de setembro de 2014

Palmeiras salgadas


Xa estamos aquí de novo amig@s! E desta volta cunha receita un tanto peculiar, que xurdiu destes momentos de inspiración, unhas palmeiras salgadas, ben diferentes das tradicionais que adoitamos degustar como sobremesa. 
Setembro é un mes de reencontros e de despedidas, e por tanto dá lugar a moitas reunións e ceas con amig@s ou compañeir@s. Pois ben, se vos toca cociñar nun destes encontros, coido que esta pode ser unha moi boa idea como aperitivo xa que son sinxelas e rápidas de facer e han de agradar aos convidad@s polo sabor e a novidade.
Ollade, ollade!

Palmeiras salgadas

Ingredientes:
  • 1 lámina de follado
  • 10 lascas de queixo
  • 12 lascas de salchichón, ou o voso embutido preferido




Elaboración:

Para comerzarmos, temos que extender a lámina de follado até que quede unha masa moi fina. 

Sobre o follado, colocamos as lascas de queixo ou de salchichón. Nós, neste caso, utilizamos salchichón mais podedes utilizar o voso friame favorito: xamón, chourizo, pavo etc. 


De seguir, enrolamos os dous extremos cara o centro, como podedes ver na imaxe, até que quede coma un pergamiño.










Coa axuda dun coitelo ben afiado, cortámolo en anacos dun cm. aproximadamente e colocámolos nunha bandexa de forno cuberta con papel vexetal.  



 Enfornamos a 200º, calor arriba e abaixo co ventilador, durante 15 min ou até que estean douradiñas as palmeiras. 


Colocámolas nunha fonte ou prato e listo para comer! Estas palmeiras pódense comer tanto frías coma quentes e consérvanse 2-3 días nun recipiente hermético. 


Xa vedes que grandes aperitivos se poden facer na casa cun pouco de imaxinación. Este saíu do follado sobrante da torta de mazá polo que ao final entre a propia torte e estas palmeiriñas practicamente logramos un menú de contrastes a partir do follado. Ben, se preferides as palmeiras doces de toda a vida pois xa vedes que non ten ningunha dificultade, enrolar e punto! Bon, agardo que vos gustase este experimento e que vos atrevades a probalo. Apertas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario