Como xa vos comentei nalgunha outra ocasión, unha das miñas debilidades é o pan, e un dos mellores entretementos, meter a man nestas masas. Por iso hoxe probamos receita panadeira, idónea para os apertitivos destes xantares ou ceas con convidad@s: grissini. Un produto que me recorda inevitabelmente a eses pauñiños que nos regalaban aos máis pequen@s nas panadarías.
Como xa se intúe polo nome, estes grissini teñen a súa orixe na Italia e presentan moitas variantes, nós optamos por facelos algo máis grosos e planos. Segundo as nosas fontes de información, estes paus parece que se crearon cando Amadeo de Saboia enfermou e tiña problemas para dixerir moitos alimentos. Chamaron a un panadeiro de Torino e encomendáronlle algo que si puidera comer, algo lixeiro e sutil, ao que o profesional do pan respondeu cuns paus crocantes e de moi bo sabor. O Duque comeunos de moi boa gana e axiña correu a noticia dando un enorme éxito aos grissini en Torino e despois no resto de Italia. Hoxe en día son mundialmente coñecidos e en moitos restaurantes italianos adoitan pór estes paus como acompañantes. A ver que vos parecen.
Grissini
- 425 gr de fariña de forza
- 250 ml de auga tibia
- 2 1/2 culleradas de café de lévedo en po
- 2 culleradas de aceite
- 2 culleradas de café de sal
- 2 culleradas de café de azucre
- Para decorar: tres culleradas de sal escamado
Elaboración:
Para comezar, temos de mesturar a fariña, o azucre, o sal e o lévedo disolto na auga. A continuación, agregamos o aceite e mesturamos até formar unha masa branda e elástica, é posíbel que precisemos dunha pouca máis de fariña. Deixamos repousar 5-10 minutos.
Coa axuda dun rolete estiramos a nosa masa até formar un rectángulo. Tapámola cun pano húmido e, de novo, deixamos repousar 1 hora e media, aproximadamente.
Despois dese tempo, botamos o sal na masa (ben repartido para que non queden algunhas porcións excesivamente salgadas) e cortámola en tiras que temos que colocar na bandexa do forno enfariñada.
Enfornamos a 220º, calor abaixo e ventilador, durante 12-15 minutos. Deixamos arrefríar uns minutos e listos para comer!!
A pesar de que é un alimento sen moita complicación, son realmente aditivos, comezas probando un e... xa sabedes, haha. Desde logo, ganan moito en sabor acompañándoos doutros produtos como o xamón.
Ademais, se tedes pequen@s na casa, recoméndovos poñervos con este tipo de receitas xa que pasaron de fábula metendo as mans na pasa e sobre todo degustanto estes grissini que tanto adoitan gustar aos máis cativ@s.
Aquí vos queda a nosa versión destes grissini, mais tedes outras moitas variantes. Recoméndovos por exemplo unha de Kukinhas con queixo e ourego :-) Espero que vos atrevades con esta receita ideal para @s máis panadeir@s. Desfrutádea amig@s!
Que sabedeiros son os grissini!!! E máis aínda con masa caseira! O malo é que non podes comer só un ;)
ResponderEliminarIso é verdade, cando comezas non podes parar, haha!
EliminarMoitas grazas polo teu comentario :D
Estes si que son adictivos, e se van con xamón, non queda un!
ResponderEliminarSi, son moi aditivos, haha! Para min, con xamón son perfectos para pór de aperitivo cando hai convidad@s na casa, xa que lles encantan a tod@s!
EliminarMoitas grazas polo teu comentario ;)
Encántame esta receita!!! coma ti gustame moito o tema do pan, pero a verdade e que dame bastante respeto. Estos grissini teñen una pintaza e vese moi fácil de facer!!
ResponderEliminarAlégrome que che guste a receita, a verdade é que se fan nun momentiño e o resultado é exquisito. Espero que se os fas, envíes unha foto co resultado.
EliminarUn bico guapa!