domingo, 13 de xullo de 2014

Vieiras ao forno

Como vai todo?? Por Viveiro andamos de Feira Renacentista mais a pesar da troula fica tempo para seguirmos probando algún novo prato, e desta volta permitímonos un pequeno luxo para facer unhas deliciosas vieiras ao forno. A súa carne é exquisita, e a pesar de non ser de grande tamaño, si fica evidente o seu sabor na mestura con outros produtos de recheo.
Non podía deixar pasar esta oportunidade para comentarvos a orixe da palabra vieira, galega, aínda que tamén é usada en castelán. Non sei se algunha vez o relacionárades mais o termo vieira está intimamente ligado á deusa do amor, beleza e fertilidade, Venus, concretamente ás palabras "venerea" ou "veneria". De feito podedes encontrar unha vieira representada no famoso cado de Boticelli, "O nacemento de Venus". Así que xa sabedes, comer vieira é garantía de beleza e amor, haha.


Vieiras ao forno


Ingredientes:
  • 6 vieiras
  • 1 cebola
  • 150 gr de xamón
  • Aceite
  • 50 gr de fariña
  • 1/2 de leite
  • Pan relado
  • Sal
  • Pementa moída


Elaboración:

Para comezar, lavamos as vieiras e separamos a carne da cuncha. Picámola e reservamos.


A continuación, temos de rustrir a cebola picada finamente en dúas culleradas de aceite e botámoslle un chisco de sal para que se faiga antes.


Canto estea feita engadimos a carne da vieira e o xamón cortado en dados. Cociñamos durante 5 minutos e engadimos unha pouca de pementa moída.













De seguir, botamos a fariña e remexemos ben, engadimos o leite para facermos unha bechamel e cociñamos até que espese un pouco. Nós fixemos unha bechamel suave para que o sabor se centre nas vieiras.











Reenchemos as cunchas con este recheo e botamos un pouco de pan relado sobre cada unha. Enfornamos a 200°, co gratinador e o ventilador até que se doure o pan relado e xa estarían listas para comer! Que aproveite!












Que vos parece? A miña imprensión e que estes moluscos nos dan un xogo tremendo na cociña, xa que son moitísimo máis combinábeis que outro tipo de mariscos e por tanto permiten facermos pratos algo máis completos e nutritivos, sen perder nadiña de sabor. Se tedes próxima algunha celebración, tede en conta esta receita xa que vos quedará ideal para encantar os vosos convidados e convidadas. Pasade bo domingo amiguiñ@s!



2 comentarios:

  1. En casa nos gustan mucho las vieiras y tambien suelo prepararlas cuando hay fiestas ,yo tambien las hago con jamon pero le pongo mas verduritas te invito a que veas la receta y te animes hacerlas seguro que os gustaran.
    http://siguiendoanenalinda.blogspot.com.es/2014/05/vieiras-al-horno-paso-paso.html
    El bizcoxo de chocolate de relujooooooooo ,me llevo un caxito que me pierde y es hora de merendar jajaaa.
    Bicos mil y feliz domingo wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polo teu comentario! A próxima vez fareinas coa túa receita :D
      Un saúdo e feliz semana!

      Eliminar