Como ides comprobar a receita de hoxe é moi moi sinxela, algo máis que un simple bocadillo. Primeiro porque que serve para comermos varias persoas xa que utilizamos unha rosca de pan, e despois porque creamos un mollo para el que o fai do máis apetecíbel. Estamos así ante unha receita que parte dunha das mellores mesturas gastronómicas existentes, canto menos para min, a de tomate, aceite e xamón.
Aquí vos deixamos este prato para saírdes de calquera apuro e que vos encantará:
Aquí vos deixamos este prato para saírdes de calquera apuro e que vos encantará:
Rosca de xamón e tomate
Ingredientes (para 2 persoas):
Elaboración:
Para comezarmos temos que facer a salsa de tomate. Para iso, batemos o tomate, cortado en anacos, co allo e unha cullerada de aceite de oliva.
De seguir, abrimos a rosca pola metade e untamos coa salsa de tomate.
Colocamos, por riba, o xamón, a alfábega ao gusto, un chorro de aceite de oliva e o queixo.
Tapamos coa outra metade do pan e forneamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 10 minutos aproximadamente para que se torre o pan e se derreta o queixo. E xa estaría preparada para comer!!
Como vedes moi moi sinxelo, e aínda que non pareza un prato espectacular, comprobaredes que o sabor é moi intenso. A clave está nese mollo con que untamos o pan e que ao se mesturar co xamón se converte nun verdadeiro manxar. Probade a facela e xa veredes como namorades desta rosca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario