martes, 11 de marzo de 2014

Ensalada de salmón

A miña preferencia, como xa sabedes, son as larpeiradas, mais unha das claves para poder desfrutar destas está nunha alimentación equilibrada, en que as ensaladas ocupan un posto moi relevante. Estas son totalmente personalizábeis, hai millóns de combinacións podendo engadir os produtos de que máis gustades. Porén, se non vos apetece moito pensar en cal facer, aquí vos traemos unha moi recomendábel que se caracteriza principalmente por levar peixe, neste caso salmón, mais tamén outros moitos produtos.
No meu caso o único peixe que acostumaba acrecentar ás ensaladas era o bonito, mais descubrín que con salmón está aínda máis boa, xa que é un produto de sabor moi lixeiro e suave, que combina á perfección coas verduras. Aquí vos deixamos esta completiña ensalada con salmón:

Ensalada de salmón


Ingredientes:
  • Leituga
  • 1 tomate
  • 1/2 cebola
  • 1/2 mazá
  • 3 paíños de surimi
  • 12 olivas
  • Queixo, ao gusto
  • 150 gr de salmón
  • Aceite
  • Vinagre
  • Alfábega
  • Estragón
Elaboración:

Para comezarmos, temos de preparar a leituga, é dicir, lavala e cortala finamente, e colocámola no fondo da nosa ensaladeira. Despois, engadimos o surimi, as olivas e a mazá cortados en anaquiños, e a cebola en xuliana. 




A continuación, botamos o salmón e o queixo cortados en tacos. E, para finalizar, aliñamos a ensalada co aceite, o vinagre e as especias ao noso gusto. 



Tenvos boa pinta? Para estes días, en que parece achegarse a primavera, faise moi moi apetecíbel pola súa frescura. E xa sabedes, se non gustades dalgún destes alimentos, cambiádelo por outro similar e seguro que segue a ser unha fabulosa ensalada! Bo proveito!!!

6 comentarios:

  1. Respostas
    1. Grazas Marisa, cando queiras xa sabes, facémosche unha ;-)

      Eliminar
  2. ¡¡Qué boísima pinta!!

    Chego agora de traballar e traio unha fame doente, vexo isto e... ¡¡teño que asaltalo frigo!! jajaja

    ¡Un bico!

    Yoly.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas!!!! A verdade é que cunde moito porque é farturenta e ao tempo lixeira... Unha aperta, bicos!!! :-)

      Eliminar
  3. Rico rico e con fundamento (como diría algún...) A mín encántanme as ensaladas... podes inventar e botar ducias de ingredientes... e as veces atopas unha mezcla peculiar :D

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sii, é unha forma de deixar voar a imaxinación! A nós tamén nos encanta investigar co diferentes sabores e texturas :-)
      Moitas grazas polo comentario.
      Unha aperta

      Eliminar