Amosando publicacións coa etiqueta xamón cocido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xamón cocido. Amosar todas as publicacións

sábado, 7 de maio de 2016

Tubos de pan de molde

Amig@s! Xa por aquí de novo. Xa nos tardaba presentar esta nova receita cuxa idea tiramos destas contas en RRSS que tanto adoramos; esas tasty que nos poñen os dentes longos co poder da imaxe e da información rápida. 
Non pensáramos até o de agora en darlle esta utilidade ao pan de molde e unha vez visto isto xa nos puxemos a matinar sobre como elaborar uns tubos ben saborosos. O queixo, como non, non podía faltar. Para o resto era cuestión de completar.
Por certo, a maioría xa sabe o contentos que estamos coa reportaxe que fixo o programa da TVG A Revista arredor deste caderno dixital, mais para @s que non pasáredes por Facebook e Twitter, deixámosvos aquí a ligazón: Reportaxe Bolboretas no bandullo
A nós encantounos, xa nos direvedes vós. E para continuar co que máis nos gusta.... aí vai esta sorprendente receita!

Tubos de pan de molde

Ingredientes (para 2 persoas):

  • 6 lascas de pan de molde
  • 6 lascas de xamón cocido
  • 6 lascas de queixo
  • 1/2 cabaciña
  • 250 gr de salsa de tomate 
  • 1 bóla de queixo mozzarella
  • Un chisco de queixo relado
  • Unha cullerada de manteiga

martes, 26 de maio de 2015

Milanesa á napolitana

Unha vez máis por aquí, xa nos va tardaba traervos unha nova receita, que tiñamos gardada para esta semana con motivo do 27 de maio, Día d@ Celíac@. Sentímonos bastante implicados coa causa xa que temos unha boa amiga e tamén unha alumna que non poden comer nada con gluten. En principio non tería porque ser un grave problema, mais desde aquí queremos denunciar as dificultades postas para estas persoas. Produtos do máis común como pan, pasta ou unha simple madalena, convértense nun manxar prohibitivo a nivel económico. Encontrámonos verdadeiras barbaridades nos comercios. É certo que se ten avanzado moito e agora podemos achar case de todo, mais cun custo importante.
De todas formas, cando nós preparamos algún produto para celíacos, procuramos os métodos máis económicos. Así chegamos á receita de hoxe, unha milanesa á napolitana. Xa fixeramos milanesas en moitas ocasións mais queriamos darlle un toque novo sen levar gluten. Así fixémonos con pan relado para celíac@s xa que cos outros elementos non había problema. Logramos pois un manxar apto para celíac@s e igualmente saboroso, de feito non se nota ningunha diferenza debido á intensidade de sabores, principalmente o do queixo e a propia carne.
E unha vez acabada a receita démonos conta da paradoxa que supón o título, un produto orixinario de Milano feito ao estilo de Napoli, mais que ben quedou! Aí vai:

Milanesa á napolitana

Ingredientes (para 4-6 persoas): 
  • 8 bistés de porco
  • 8 lascas de xamón cocido
  • 8 lascas de queixo
  • Salsa de tomate caseira (receita aquí)
  • 8-9 dentes de allo
  • Unha manchea de pirixel
  • 4 ovos batidos
  • Pan relado apto para celíac@s
  • Pementa moída