Menin@s! Lanzáronnos un reto desde Portugal para este Nadal e nós recollímolo con moi bo gusto pois adoramos esta época do ano no que a gastronomía xoga un papel tan relevante. A idea xurdiu de A casinha das bolachas con quen xa colaboramos na nosa sección "Bitácoras de aquí e acolá". Ben, pois desde comezo de mes, diferentes blogues nominados están a publicar receitas natalicias e a responder a un cuestionario que Ana nos preparou. Estamos acostumados a preparar nós as receitas para o Bolboreteando aínda que desta volta tócanos o papel inverso, o de responder.
Deixámosvos pois con este fermoso reto e cunha receita especial para chocolateir@s nestas vindeiras datas.
Deixámosvos pois con este fermoso reto e cunha receita especial para chocolateir@s nestas vindeiras datas.
Na Mesa de Natal Não Pode Faltar...
- Quem está por de trás deste blogue?
- Diana e David, unha parella de filolólogos, namorados desde 2005, con paixón pola gastronomía.
- Quando surgiu o gosto pela culinária?
- É continuo e progresivo desde a infancia, adoptando un papel activo nos últimos 8 anos.
- Quando e como surgiu o blogue?
- O 30 de decembro de 2013, para combinar as dúas paixóns, as letras e a gastronomía.
- Gostas desta época do ano? Se sim do que mais gostas?
- Si, nesta época desfrutamos moitísimo, tanto do ambiente natalicio, do clima, coma das receitas típicas.