Amosando publicacións coa etiqueta leite condensado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta leite condensado. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de decembro de 2019

Pequetrufas

Bo día, bolboreteir@s! Aquí estamos nun dos días máis especiais do ano traéndovos unha receita ideal para preparar cos reis da casa, polo menos nestes días. Andabamos argallando nestes días lambetadas deste tipo para aquelas xornadas en que nos toca cociñar cos máis pequen@s e demos con esta idea, sumamente sinxela. Iso si, para días especiais pois como vedes non é a merenda ou sobremesa máis saudábel do mundo.
Iso si, sabemos que garanten un momento moi divertido de amasado e triturado e sen ningún tipo de risco. De feito, aquí poden encargarse practicamente da totalidade das tarefas. O noso non, que ten catro meses, pero para @s que comezan na cociña resulta do máis axeitada.




Pequetrufas



Ingredientes (para 10 trufas):


  • 7 galletas Príncipe

sábado, 16 de decembro de 2017

Turrón de leite condensado e conguitos

Bo día, bolboreteir@s! Xa se nos vén enriba o Nadal, aiaiaiai! O Apalpador achégase, agardamos  que non teña problema para conseguir as castañas, que este non foi bo ano para os soutos.
Continuamos entretanto, preparando as ceas para estas datas con ideas larpeiras variadas. Hoxe modificamos un clásico. Hai dous anos presentamos un tradicional turrón caseiro con arroz inchado e avelás e tiñamos xa ganas de argallar novas versións. 
Unha tiñámola clara, probar con novos chocolates. E tamén xogar un pouco coas cores pois os turróns adoitan ser bastante discretos canto á estética así que tocaba maquillalo un pouquiño dándolle un outro aspecto.
A verdade é que hai turróns comerciais especialmente viciosos e que se fan irresistíbeis mais téndomos tempo e ganas para preparármolo na casa... non hai nada que pensar, verdade?
Adiante!



Turrón




Ingredientes:


  • 330 g de chocolate branco
  • 220 g de leite condensado
  • 100 g de cacahuetes recubertos de chocolate