Amosando publicacións coa etiqueta Mexillóns con maionesa de allo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mexillóns con maionesa de allo. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de outubro de 2021

Mexillóns con maionesa de allo

Boa noite, bolboreteir@s!! Aproxímase Samaín e nós xa andamos preparando as cabezas co pequeno mais onde xa levamos moito traballo feito é no magosto. Vaia chea de castañas asadas levamos no bandullo e aínda non chegamos a Defuntos. Si, vale, hoxe a receita non ten nada que ver con estas datas mais era para mantervos informados de que estamos cumprindo como vos devotos dos magostos. E iso que non nos cadrou ningún festexo por aquí na zona de Oleiros, que senón... non faltabamos!

O caso é que hoxe imos por mar e non por souto. Optamos por un dos nosos bivalvos favoritos, os mexillóns. O que algúns chaman marisco dos pobres e que cremos que só pode derivar tal afirmación dun prezo máis económico que outros moluscos, ten sempre un oco na nosa cociña. A maioría das veces elaborámolos simplemente ao vapor e despois cun chisco de limón. Porén, desta volta, animados polos veciños para unha xuntanza que tiñamos e seguindo un recetario de Isasaweis, preparamos unha versión máis elaborada e que fai brillar inmensamente o produto principal. Aí vai!



Mexillóns con maionesa de allo



Ingredientes:


  • Mexillóns
  • 250 ml de viño branco
  • 3-4 dentes de allo       
  • 2 follas de loureiro
  • Maionesa de allo