Bo día, bolboreteirxs! Desta volta, de domingo! Esta semana foi eterna coa listaxe infinita de tarefas que tivemos que facer! Porén, aproveitando que o venres tiñamos convidadxs a cear, aproveitamos para facermos estas deliciosas, e terroríficas, madalenas. A cabaza está de tempada é un dos símbolos do outono e, mais en concreto, do Samaín e a nós encántanos, así que probar a combinación de cabaza e chocolate foi todo un acerto.
Oxalá vos guste:
Madalenas samaínicas de cabaza e chocolate
Ingredientes:
Para a masa de cabaza:
Para a masa de chocolate:
Para decorar:
- Chocolate para fundir
- Boliñas de chocolate
Utensilios: dúas cuncas, un molde para madalenas, cápsulas para madalenas, un batedor eléctrico/manual, unha peneira, unha espátula, un escarvadentes, unha cunca e unha culler.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de facer a masa de cabaza. Para iso, mesturamos o aceite xunto co azucre e a cabaza. A cabaza está simplemente cociñada no forno (a 200º durante 30 minutos), sen nada, e despois machacada un garfo.
Engadimos os dous ovos.
Tamén a fariña mesturada co lévedo, peneirados, até termos unha masa homoxénea.
Colocamos as cápsulas nos moldes para as madalenas e enchemos a metade coa masa. Nós usamos unha culler de xeado e botamos unha cullerada. Reservamos.
De seguir, facemos a masa de chocolate batendo, en primeiro lugar, o aceite co azucre.
Despois, os ovos.
E a fariña xunto co cacao, o bicarbonato e o lévedo, ben peneirados, para que non queden gromos co cacao.
E botamos unha cullerada sobre a masa de cabaza.
Mesturamos un pouco cun escarvadentes as dúas masas e enfornamos, co forno prequente, a 185º, calor arriba e abaixo, durante 25 minutos.
Deixamos que arrefríen sobre unha grella.
De forma opcional, nós só o fixemos con algunhas, derretemos un pouco de chocolate e estendémolo para pórlles encima unhas boliñas de chocolate.
E xa estarían listas para comer!
Como vedes, esta é unha receita moi sinxela e a combinación de cabaza e chocolate é impresionante, quedan moi saborosas e cunha textura moi esponxosa.
E, con eses toques de decoración, queda moi samaínica.
Aperta forte!
Lémonos, bolboreteirxs!

















Ningún comentario:
Publicar un comentario