Bo martes, bolboreteir@s!! Hoxe traemos unha receita sinxela mais para xornadas especiais pois poucas veces se procura excusa para degustar delicias como a que aquí presentamos. Non para todos os días tampouco polo prezo xa que non nos podemos permitir comer marisco acotío (aínda que non estaría mal ;-o).
Hai un par de anos preparáronnos esta mesma receita uns amigos moi especiais e tamén moi lambonciños, sendo este o noso primeiro encontro co panko. Como se dan moi boa maña para a cociña ficamos marabillados co prato e prometimos reproducilo. Foi ficando aprazado mais esta semana pasada, coa visita destes mesmos amigos, decidimos que era o momento.
O panko, para @s que non coñecedes, procede dun pan xaponés elaborado de forma óhmica e que fica idóneo para ser relado despois. Ademais da textura, máis gorda que o pan relado que coñecemos, achega uns matices do máis interesante. Aquí o tedes!
Gambón ao curry con panko
Ingredientes (para 4 persoas):
- 1 kg de gambón
- 1 cullerada grande de curry (picante)
- Pementa moída
- Sal
- Panko (ou pan relado)
- Fariña