Bolboreteir@s! Parece que chegou o verán, ou canto menos os días solleiros! Non era sen tempo, haha!
Con todo, nós imos tirar hoxe para terras que non se caracterizan precisamente polas súas altas temperaturas. Viaxamos até Islandia a través dun dos seus pratos máis típicos, o flatbraud, tamén coñecido como flaikaka, e que coñecemos a través do repositorio de receitas Saladmaster. E por que unha receita islandesa? Pois recordade que iniciamos o martes pasado unha xeira de receitas mundialistas, aproveitando a competición futbolística de Rusia. E un dos países e seleccións que están causando sensación, e non só polo que sucede no terreo de xogo, é precisamente Islandia. Tod@s amamos este país nórdico así que quixemos dar a coñecer algo máis del, neste caso, obviamente, a través dos seus sabores.
Imos pois con este pan ben curioso e diferente.
Flatbraud (pan plano islandés)
Ingredientes:
- 250 g de fariña de centeo
- 125 g de fariña de trigo integral
- 200 ml de auga
- 8 g de lévedo