Bo día, bolboreteirxs! Que tal o inicio do ano? Estades a tope cos propósitos? Nós si, intentando cumprir esas pequenas metas que nos poñemos cada ano, unha delas e volver a ser constantes con receitas semanais en Bolboretas no bandullo ;).
Cando imos comer a restaurantes os lagostinos crocantes sempre son unha boa opción e, para o día de Reis, intentamos recrealos na casa e foron un triunfo absoluto, quedan espectaculares e con ese toque de coco, un 10. Ademais, fanse moi moi rápido.
Crocante de lagostinos con panko e coco
Indredientes:
Para acompañar (opcional):
- Maionesa de allo
Utensilios: unha cunca, unha tixola, unhas pinzas e un plato con papel absorbente.
Elaboración:
Primeiro de todo, temos de pelar os lagostinos e botalos nunha cunca con soia e o zume da lima. Tapámolos e deixamos repousar un par de horas, ou incluso unha noite enteira.
Pasado ese tempo, pasamos os lagostinos por fariña.
Por ovo.
E por panko mesturado con coco relado.
Rustrimos nunha tixola con aceite. A próxima vez probaremos na fritideira de aire.
E xa estarían listos para comer! Nós acompañámolos dunha maionesa de allo e quedaron riquísimos.
Agardamos que vos gusten e que poñades esta receita en práctica, asegurámosvos que non vos ides arrepentir!
Como vedes, é moi sinxela de facer, e incluso podemos aproveitar eses lagostinos que nos sobraron das comidas natalicias. É un entrante ideal para unha comida ou unha cea coas nosas amizades e familia, así que esperamos que nos mandedes algunha foto da vosa versión. Aperta forte, bolboreteirxs!
Ningún comentario:
Publicar un comentario