Boa noite, bolboreteir@s!! Aproxímase Samaín e nós xa andamos preparando as cabezas co pequeno mais onde xa levamos moito traballo feito é no magosto. Vaia chea de castañas asadas levamos no bandullo e aínda non chegamos a Defuntos. Si, vale, hoxe a receita non ten nada que ver con estas datas mais era para mantervos informados de que estamos cumprindo como vos devotos dos magostos. E iso que non nos cadrou ningún festexo por aquí na zona de Oleiros, que senón... non faltabamos!
O caso é que hoxe imos por mar e non por souto. Optamos por un dos nosos bivalvos favoritos, os mexillóns. O que algúns chaman marisco dos pobres e que cremos que só pode derivar tal afirmación dun prezo máis económico que outros moluscos, ten sempre un oco na nosa cociña. A maioría das veces elaborámolos simplemente ao vapor e despois cun chisco de limón. Porén, desta volta, animados polos veciños para unha xuntanza que tiñamos e seguindo un recetario de Isasaweis, preparamos unha versión máis elaborada e que fai brillar inmensamente o produto principal. Aí vai!
Mexillóns con maionesa de allo
Ingredientes:
- Mexillóns
- 250 ml de viño branco
- 3-4 dentes de allo
- 2 follas de loureiro
- Maionesa de allo
- 1 ovo
- 1 dente de allo
- Aceite de xirasol
- Vinagre
- Sal
Elaboración:
Facemos a maionesa de allo. Para iso, poñemos no fondo do vaso o ovo, o dente de allo, unha cullerada de vinagre, o sal e cubrimos con aceite até que supere 2 cm o resto dos ingredientes. Poñemos o batedor no fondo e empezamos a bater sen movelo. Cando se converta nunha crema clara, levantamos lentamente e comezamos a mover durante 30 segundos.
Cubrimos os mexillóns coa maionesa.
Enfornamos a 230°, co gratinador, até que se doure a maionesa.
Que excelente sugestão!
ResponderEliminarPassei para desejar uma semana feliz!
Beijinhos,
Espero por ti em:
strawberrycandymoreira.blogspot.pt
http://www.facebook.com/omeurefugioculinario
https://www.instagram.com/marysolianimoreira