martes, 26 de setembro de 2017

Salsa de tomate

Adiante, bolboreteir@s. Imos cun básico da nosa cociña, habitualmente mercado aínda que se a horta nos brinda unha oportunidade coma esta non a podemos rexeitar. A salsa de tomate é básica para unha cea de pratos do día a día, desde pastas até carnes ou arroces.
Desta volta pois, tiñamos varios tomates sobrantes e xa estaban a pasar mal. Optamos pola solución sinxela, aproveitalos en salsa.
Non é a única saída, de feito iredes vendo como nos próximos días traemos máis receitas cos tomates como protagonista. Certamente, o tomate é a nosa froita da horta preferida e poucos días fica fóra dos nosos menús, xa sexa en ensalada ou agora tamén co mollo.
Como seguro que moit@s de vós estades na mesma situación, deixamos aquí unha receita de grande utilidade coa que terdes salsa para bastante tempo. 


Salsa de tomate



Ingredientes (para 2 botes):

  • 3-4 tomates grandes
  • 1 cebola
  • 2-3 dentes de allo
  • 1 cullerada de azucre
  • Pementa moída
  • Sal
  • Aceite de oliva
Utensilios: unha tixola, un batedor eléctrico e unha culler. 



Elaboración:


Para comezarmos, rustrimos en dúas culleradas de aceite o dentes de allo e a cebola cortados finamente. 




Cando a cebola estea dourada, engadimos os tomates, tamén cortados en dados. Sazonamos coa pementa moída e o sal.


Cociñamos durante 25-30 minutos. O zume do tomate reducirase case á metade. Engadimos o 





Engadimos a cullerada de azucre, mesturamos ben e probamos, xa que dependendo do tomate, podemos precisar mais azucre, sal ou pementa. Cando estea ao noso gusto, trituramos co batedor eléctrico. 


Reenchemos os botes e, se queremos, podémolos envasar ao baleiro. 


E xa estaría preparada para comer/usar! Agardamos que vos guste e que nos contedes se na vosa casa tamén se fai así a salsa de tomate 😉😉 Realmente a clave está no produto utilizado e xa vedes que nós contabamos cuns tomates do máis apetecíbeis. Queda pois, tirarlle todo o proveito do mundo a esta saborosa e natural salsa. Boa semana, amig@s!!!

2 comentarios:

  1. Uummmmmmmmm cosa mas rica madre ni punto de comparacion con el que se compra , yo tambien lo hago seguro que el vuestro esta de rexupete ,se ve divinisimo.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Nada que ver e, sobre todo, cando lemos os ingredientes... Ademais, así a comida está moito máis saborosa!

      Eliminar