martes, 13 de decembro de 2016

Petiscos varios con Mariñeiras

Bo día, bolboreteir@s! Seguimos adiante coas receitas aínda que a de hoxe nin elaboración precisa pois é pouco máis que a unión de elementos. Non nos volvimos de momento uns folgazáns mais si pensamos nos típicos petiscos que se colocan na mesa de Nadal como aperitivo e para os que se precisa moi pouco tempo, o que si se dedica aos pratos principais do menú.
E como xurdiu a idea? Pois no LGx15, un dos convidados, Alberte Lamazares, achegou até os camerinos un paquete das galletas galegas, Mariñeiras, que até o momento nunca probaramos. Quedamos encantados con elas, tal e como nos pasara coas Maruxas hai uns meses. Ben, pois casualmente, ao finalizar o evento, a CTNL agasallounos cun par de paquetes destas mesmas galletas. Aínda que os primeiros días as comimos soas, converténdose nun verdadeiro vicio, decidimos deixar un paquete para elaborarmos uns petiscos varios, con diferentes sabores que encontramos pola alacena. E este foi o resultado. Non ten máis segredo que probar mesturas que cremos poden resultar interesantes. Aquí todas quedaron exquisitas.


Petiscos varios con Mariñeiras


Ingredientes:

  • Mariñeiras
Opción 1:
  • Guacamole 
  • Queixo
Opción 2:
  • Guacamole
  • Cogombro verde
Opción 3:
  • Mexillóns
  • Queixo
Opción 4:
  • Pavo
  • Salsa barbacoa
Opción 5:
  • Cebola caramelizada
  • Queixo
Opción 6:
  • Salsa pesto
  • Queixo
Opción 7:
  • Marmelada de sabugueiro e mazá
  • Queixo

Utensilios: unha fonte para presentar, un coitelo ou unha culler.


Elaboración:

O único que temos que facer para estes petiscos é colocar todos os ingredientes en cada galleta. Nós utilizamos os ingredientes os ingredientes que tíñamos pola casa, así que tedes que utilizar a imaxinación para facer as vosas propias creacións. Por exemplo, usamos a cebola caramelizada que nos viñera na caixa Lembranza Vox, a marmelada de sabugueiro e mazá de Carabuñas, coa tamén nos agasallaron no LGx15, salsa pesto que nos sobrara doutra comida... e o queixo é un recurso boísimo que sempre temos na casa.


Despois de colocar os ingredientes, poñémolos nunha fote ou no prato en que imos presentar e xa estarían listos para comer!


Que, gustades? Algunha preferida xa? Nós temos un par de combinacións gañadoras mais non vos imos dicir nada para nos vos condicionar pois todas resultaron moi interesantes. 
Animámosvos a facervos cunhas galletas galegas destas tan saborosas aínda que, evidentemente, estes petiscos podédelos facer con calquera base crocante. De seguro que se vos ocorren outras ideas ben apetitosas así que non tedes máis que nolo comentar, que así aproveitamos e poñémolas en práctica para a próxima execución. Unha forte aperta, bolboreteir@s!

4 comentarios:

  1. Bela ideia.
    Não conhecia o teu cantinho.
    A seguir. :-)

    Beijinhos,
    Clarinha
    http://receitasetruquesdaclarinha.blogspot.pt/2016/12/omoleta-de-espinafres-com-queijo.html

    ResponderEliminar
  2. Una idea buenisimaaaaaaa a mi me gustarian todos si pudiera dar cuenta de ellos ,solo he comprado esas galletas una vez y ya mismo las voy a incluir en mi lista de la compra para estas fiestas.
    Bicos mil wap@s.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, nós tamén as temos na listaxe da compra!! Están boísimas!! 😘😘

      Eliminar