venres, 23 de decembro de 2016

Na Mesa de Natal Não Pode Faltar

Bolboreteir@s, volvemos a facer uso do venres para despedir o proxecto natalicio chegado desde Portugal e que ten este venres 23 de decembro como última xornada, a de recompilación de todas as receitas que os diferentes blogues participantes, 14 portugueses e un galego, fomos achegando á rede.
Estas semanas deron para coñecermos persoas e cadernos dixitais marabillosos, dos que hai moito por aprender e, sobre todo, moitísimo para saborear. Agardamos, ademais de pasarmos uns momentos marabillosos navegando por estes oceános dixitais, que tirásedes proveito das diferentes opcións que se foron presentando a través das redes sociais e que hoxe xuntamos para vós.
Estas suxestións de Nadal teñen moitos puntos positivos e un deles é o de ampliarmos as posibilidades pois moitas destas sobremesas son tradicionais de zonas concretas das que nós apenas temos información. Así, como sempre recordamos, hai moito máis alén dos turróns, polvoróns e mazapáns, e esta é unha boa acumulación de recursos. Aí vos van os resultados do reto que lanzou a amiga Ana, de A casinha das bolachas "Na Mesa de Natal Não Pode Faltar".















































Marabilla, non é? Isto dá para unha mañá completa de Nadal navegando e procurando opcións para as sobremesas do noso Nadal. Seguro que encontrades posibilidades moi interesantes e nalgunhas veredes certas similitudes con doces da nosa terra con nomes moi diferentes e máis ligados a outras épocas do ano. Deu para moito este reto e "Na Mesa de Natal Não Pode Faltar" a xente, a ledicia e unhas larpeiradas tan saborosas coma estas. Mil grazas a tod@s por estardes aí, a tod@s. Obrigadísimos a todas as persoas participantes nesta colaboración e especialmente a Ana por se lembrar de nós desde Portugal. Unha forte aperta!!

2 comentarios: