Bolboreteir@s!!! O doce é sinónimo de ledicia e como estes días andamos moi alegres despois de pasar pola Sala Capitol e desfrutar do LGx15, pois traemos unha torta destas que nos podemos permitir de vez en cando, en xornadas ben especiais. Antes de máis, queriamos agradecervos, tamén desde aquí, a tod@s @s que nos acompañastes neste LGx15, polo voso agarimo e atención e tamén polos vosos comentarios após a nosa intervención. Foi un luxo contar cun público tan amábel. Parabéns e grazas á Coordinadora de Traballadoras/es pola Normalización Lingüística por facer todo con tanto amor e coidado para todas as persoas que na Capitol nos encontramos. Xeniais! Agora agardamos a emisión en Youtube :-)
E voltamos á sobremesa que hoxe presentamos, esta torta de chocolate con crema de caramelo que aquí axudou a adozar aínda máis estes días e que agora agarda de postas en práctica en calquera dos vosos fogares. Para desfrutar do sabor seguro que haberá unha chea de voluntari@s. Falta quen se anime á execución? Nós cremos que agarda desexosa por vós ;-)
Torta de chocolate con crema de caramelo
Ingredientes:
Para o biscoito:
Para a crema de caramelo:
- 800 g de azucre glas
- 500 g de manteiga
- 150 ml de caramelo
- 60 ml de leite
Utensilios: dúas ou tres cuncas, un batedor eléctrico, unha culler de pau, unha espátula, papel vexetal, un molde desmoldábel, unha manga e un bico.
Elaboración:
Para comezarmos temos de facer o biscoito. Empezamos mesturando a fariña, o lévedo, o bicarbonato e o sal. Reservamos.
Derretemos o chocolate ao baño maría ou no microndas. Reservamos.
Separamos as xemas das claras e montámolas até que dupliquen o seu tamaño. Reservamos de novo.
Tamén montamos as claras a punto de neve. Reservamos.
Batemos a manteiga co azucre.
Mesturamos esta crema (azucre coas xemas) coas xemas.
Engadimos o chocolate e seguimos batendo.
Agregamos a fariña e o leite, de pouco a pouco.
Integramos as claras coa axuda dunha espátula.
De seguir, engrasamos un molde con manteiga e fariña. Podemos pór no fondo papel vexetal para que se desmolde mellor.
Enfornamos a 175º, calor abaixo e ventilador, durante, aproximadamente, 1 hora. Deixamos que arrefríe e, se podemos, envolvémolo en papel transparente e refrixeramos durante unha noite.
Ao día seguinte, temos de facer a crema de caramelo. Mesturamos o leite co caramelo.
Cortamos o biscoito en tres capas. Poñemos unha capa e estendemos unha boa cantidade de crema, repetimos a operación e acabamos tapando cunha última capa de biscoito.
Por último, botamos a crema nunha manga cun bico que nos guste e facemos formas. Nós decidimos non cubrir todo o biscoito coa crema para que se vira o contraste das cores, mais, se vos gusta máis, podedes tapar todo o biscoito.
Refrixeramos un par de horas para que endureza un chisco máis e a crema e xa estaría preparada para comer!!
Cant@s babexando ao outro lado da pantalla? Tede coidado que se se molla o teclado pode haber problemas despois... haha. Ben, pois como vedes, esta receita require un pouquiño máis de atención mais merece ben a pena para un día de festexo no que queremos darnos unha homenaxe e non pensar nin en calorías nin en azucre. Toca desfrutar hoxe con esta lambetada e lograr azos para este inverno que se nos aproxima con baixas temperaturas. Unha forte aperta, bolboreteir@s e millóns de grazas por estardes sempre aí!
Un bizcocho que más bien parece una obra de arte. Felicitaciones.
ResponderEliminarCariños y buen comienzo de semana.
kasioles
Moitísimas grazas polas túas palabras e por comentar!
EliminarUn bico enorme!
Uummmmmmmmm que pintaza tiene de buena gana me llevaba un trozo ,seguro que estara de rexupete.
ResponderEliminarTe ha quedado de relujo no lo siguiente.
Bicos mil wap@s.
Moitísimas grazas 😋
Eliminar