sábado, 30 de xullo de 2016

Grissini de queixo Gruyère

Último sábado de xullo e xa se aproxima agosto, un dos nosos meses favoritos :-) E mentres tanto, seguimos adiante con novas receitas, reelaborando outras e argallando con experimentos para o blogue. Hoxe presentámosvos a nosa última adiccións, os grissini de queixo Gruyère, paus de queixo saborosos e que desaparecen nun abrir e pechar de ollos.
Tiñamos desde hai tempo ganas de preparar de novo os grissini pois a última vez quedaran saborosos mais non exactamente como nos gustaría. Xa sabedes que a cociña oscila entre os éxitos e os fracasos acabando tanto uns como outros normalmente no bandullo e aprendendo igual de ambos os dous.
Ben, pois estes últimos días, cando imos á praia, estamos levando uns petiscos lixeiros con sabor a queixo que venden nos supermercados. E como sempre, chega o momento no que pensamos en preparalos na casa que sempre ten ese punto positivo da satisfacción de quen elabora o seu. 
Meu dito, meu feito. Puxémonos con eles e sen exaxerar tardaron menos de dúas horas en desaparecer. Pasou como no anuncio este de Casa Tarradellas (cremos que era este...) en que tod@s van a fuet e desaparece. Aínda que neste caso non foi por haber poucos grissini. Había unha boa cantidade mais viñémonos arriba degustando neles e... papámolos.


Grissini de queixo Gruyère


Ingredientes:

  • 90g de fariña de centeo
  • 35g de fariña de trigo
  • 55 gr de queixo gruyère
  • 55 ml de auga
  • 15 ml de aceite de oliva
  • 6g de lévedo de panadaría
  • 1 ovo
  • Unha culleriña de ourego
  • Para decorar: 30 gr de queixo gruyère

Utensilios: unha cunca, unha culler de pau, un pano de cociña, papel vexetal, un coitelo, unha brocha, un rolete e unha bandexa de forno.


Elaboración:

Para comezar, temos de mesturar as dúas fariñas.



De seguir, engadimos o lévedo disolto na auga e o aceite.


Despois, agregamos o queixo. 


E o ourego.  


Mesturamos todo cunha culler de pau ou coas mans até formar unha masa homoxénea. 


Tapámola co pano e deixamos repousar uns 30 minutos, aproximadamente.


Estiramos a masa cun rolete e facemos tiras. 




Pintámolas co ovo batido. 


E empoamos co resto do queixo. 


Enfornamos a 175º, calor arriba e abaixo, durante 15 minutos. 


Deixamos que se atemperen un momento e xa estarían preparados para comer! Agardamos que vos gusten. 


Non credes que teñen unha pinta magnífica? Nós xa os botamos en falta, hehe. Ademais que son moi cómodos para levar de petisco a calquera lado nestas tardes de verán. E se o acompañamos dunha froita, ideal para a praia. Ou a nós, así nolo pareceu.
E ademais, é unha desas receitas axeitadas para traballar cos peques posto que amasamos e damos forma para sacar unha larpeirada que lles vai encantar. Xa nos contades que tal. Unha aperta ben doce, amig@s!

4 comentarios:

  1. Teñen unha pinta estupenda! E para as que nos gusta o pan non vos digo! Cando teña tempo hei probar a versión coas fariñas integrais! ������
    Un bico!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa che digo... A fariña de centeo que utilizamos é integral e están de vicio 😍😍! Xa nos contarás cando probes!!
      Bicos😋

      Eliminar
  2. pero que ricos! y que viciosos! seguro que es empezar y no parar, bicos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, efectivamente! Se colles un... comes 10! hahaha
      Mil grazas por todo,
      Apertas!

      Eliminar