Despois do éxito do último artigo, en que superamos récords de lecturas coa presenza de Leandro Lamas e das súas Verduras á prancha con guacamole, voltamos cunha das nosas receitas para este verán. E o gaspacho xa é un clásico de terras de moito calor, aínda que se asocia principalmente a Andalucía.
Con todo, queriamos darlle unha volta a este prato para o facer un pouco máis completo e entrou en xogo un outro produto estival por excelencia, o melón, que ao mesmo tempo se asocia á perfección co xamón. Deste xeito procuramos integrar estes elementos nun prato fresquísimo, cun sabor ben curioso e un pouco máis substancioso.
Cómpre ser sinceros, non tiñamos claro como ía quedar, ao arriscar na combinación. Porén, gustounos moito e parécenos unha idea moi apetecíbel para esas xornadas de moita calor en que necesitamos hidratarnos e tomar produtos frescos.
Aí vos vai esta innovadora versión, que por suposto non ten ningunha complicación máis que picar a froita e verdura.

Gaspacho de melón con xamón
Ingredientes:
- 1/2 melón
- 2 tomates grande
- 1 ceboliña
- 75 gr de xamón
- 200 ml de aceite de oliva
- 1 cullerada de vinagre
- 1 cullerada de zume de limón
- 1 culleriña de alfábega
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: cunca grande, batedor eléctrico, papel transparente.
Elaboración:
Para comezarmos, temos de picar a ceboliña, un dos tomates e o melón.
Botámoslles un chisco de sal e de pementa, a culleriña de alfábega, o vinagre e o zume de limón. Mesturamos moi ben.
Tapamos con papel transparente e deixamos repousar 1-2 horas no frigorífico.
A continuación, trituramos co batedor eléctico e mentres, pouco a pouco, ímoslle engadindo o aceite de oliva.
Picamos o xamón e o outro tomate en dadiños e agregámolos á mestura anterior. Servimos en pratos fondos ou en cuncas, que podemos decorar con máis alfábega, e xa estaría preparado para comer!
Sinxelo verdade? Pois outro punto a favor para que probedes sorte, sabedes que non ides perder máis de cinco minutos na súa elaboración. E despois dádeo a probar a tod@s @s da casa para @s sorprenderdes. De feito podedes comprobar se adivinan os compoñentes. Non lles resultará sinxelo xa que o melón fica disimulado pola potencia doutros sabores, mais dálle aínda máis frescura a este gaspacho.
Non vos ha de deixar indiferentes. Xa temos ganas de que nos contedes a vosa opinión. Unha fortísima aperta amig@s e bo sábado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario