Un outro sábado, unha outra receita. E como non, unha larpeirada despois dunha semana moi doce na que tivemos a sorte de estar acompañad@s por unha das nosas escritoras preferidas, Rosa Aneiros. A entrevista e "gastrorrelato" é do mellor da nosa curta historia :-) Para @s que aínda non o listes, recomendámosvolo moi encarecidamente: Bolboreteando con... Rosa Aneiros
E para hoxe, que mellor que unha sobremesa clásica mais non por iso anticuada. Unha sempre exitosa crema de limón que nos animamos a elaborala despois de ver a Robin Food presentala como unha receita de súa nai :-)
A verdade, nós nunca porque probáramos até agora este doce así que non podiamos comparar, mais estamos máis que satisfeitos. Ese toque amargo do limón fica suavizado cos amorodos e así convértese nunha sobremesa ideal, lixeira e saborosa.

Crema de limón
Ingredientes:
- 200 ml de zume de limón
- 200 gr de manteiga
- 175 gr de azucre
- 4 ovos
- 2 láminas de xelatina neutra
- Opcional: amorodos para decorar
Utensilios: pota grande, cunca, batedor (eléctrico ou manual), taza e moldes para servir.
Elaboración:
Para comezarmos, botamos auga fría na taza e colocamos alí as láminas de xelatina durante 5-7 minutos para que abrande.
De seguir, temos batir os ovos co azucre ao baño maría. Para iso, botamos auga na pota e, sobre ela, poñemos a cunca cos ingredientes.
Cando a mestura duplique o seu tamaño retiramos do lume e engadimos a xelatina. Mesturamos moi ben até que se desfaiga.
A continuación, botamos a manteiga para que se funda ben.
E, por último, engadimos o zume. Mesturamos moi ben até obter unha crema homoxénea.
Botamos a crema nos moldes escollidos e deixamos arrefríar durante 3-4 horas no frigorífico. Cando estea sólida, decoramos cos amorodos. Tamén podemos utilizar kiwi, froitos vermellos, nata, chocolate... ou que máis nos apeteza.
E xa estarían preparados para comer!
Que vos parece? A pesar de ser bastante tradicional, si é unha receita diferente a doutras sobremesas até o de agora presentadas, principalmente por esa conxugación do doce e o amargo, que a fai ben especial. Desde logo, se gustades do limón ou do sabor a limón, non podedes deixar pasar a oportunidade de probala. Unha apetecíbel larpeirada.
Agardamos que pasedes unha boa fin de semana e mil grazas por nos seguir lendo como até agora. Unha forte aperta lambisqueir@s :-)
Ningún comentario:
Publicar un comentario