venres, 27 de marzo de 2015

Black Wolf Blogger Award

O noso caderno dixital Bolboretas no bandullo foi nominado para o Black Wolf Blogger Award por Helena Villar Janeiro (Tirar do fío), pola que nos sentimos moi agradecidos.
Aceptar este premio implica as seguintes NORMAS:

  • Agradecerlle publicamente a nominación a quen a fixo.
  • Contestar 5 preguntas.
  • Nominar 15 blogues.
  • Notificar publicamente aos nominados o seu premio.


Bolboretas no bandullo decidiu nominar aos seguintes blogues:


PEQUENO CUESTIONARIO
  • Cal foi o primeiro libro que liches?
Encántame ler desde que son moi pequena e na casa sempre me ensinaron o valor e importancia da lectura. Non recordo exactamente cal foi o primeiro libro que lín, mais si me lembro de ler As bruxas de Roald Dalh, a colección de Manolito Gafotas de Elvira Lindo e algún de Agustín Fernández Paz. 
  • Por que escribes?
Unha das miñas paixóns é a cociña e paréceme moi interesante poder ter un caderno dixital para poder compartir as miñas receitas e os meus pratos favoritos para que os/as lectores/as deste blogue poidan tirar ideas para faceren nas súas casas. Así mesmo, encántame cando recibo mensaxes e a xente me conta as súas receitas, as variantes que lles farían ás miñas e cando me envían fotos cos resultados dos pratos que fan despois de ler as entradas.
  • Tes unha musa ou unha inspiración?
Como xa dixen na pregunta anterior, unha das miñas afeccións é a cociña polo que dedico moito tempo a ler libros de receitas e cadernos dixitais, ver progamas ou vídeos nas rede... Polo que, cando vexo un prato apetecíbel, penso en como o faría eu, que ingredientes utilizaría e, entón, miro que ingredientes teño na casa ou baixo á tenda e métome na cociña a investigar.
  • Cal foi o teu grande amor?
O meu grande amor é a persoa coa que comparto a miña vida, a persoa máis marabillosa que sempre está ao meu lado para apoiarme, darme alento cando o preciso e facerme sentir a persoa máis especial do mundo en todos os momentos. Ademais, é a persoa que tamén está detrás de Bolboretas no bandullo e que fai isto posíbel. 
  • Escribes o que vives ou vives o que escribes?
Principalmente escribo o que vivo, xa que utilizo este caderno para contarvos as miñas receitas, explicarvos miña forma de cociñar e o que como día a día. Porén, en moitas ocasións, vívese o que se escribe, sobre todo falando de literatura, xa que as historias que escribimos convértense na nosa realidade e iso é o que a fai especial e absolutamente necesaria na miña vida. 

Aquí fica pois a nosa achega a este premio. Unha entrada diferente, mais mañá teremos de novo unha docísima receita, así que... ide abrindo apetito :-)

4 comentarios:

  1. Enhorabuena por el premio muy merecido , me ha encantado conocerte un poquito mas .
    Aprobecho para desearte que tengas un feliz fin de semana asi como la proxima semana si no trabajas y tienes vacaciones disfruta mucho yo estare trabajando de tarde desde mañana con lo cual no tengo apenas tiempo para entrar en el blog.
    Bicos mil wapa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas!! Teño que dicirche que ti ías ser unha das nominadas... mais como lin na túa páxina que non participas en premios...
      A verdade é que teño sorte que só traballo o luns, mais espero que teñas igualmente unha boa semana!
      Un bico e grazas por todo!

      Eliminar
  2. Olá! agora veño de ver a miña nominación, levo uns meses algo máis ocupada do habitual, mais en canto teña un cacho xa me poño ca mensaxe. Moitas grazas!

    ResponderEliminar