As últimas fins de semana veñen sendo sempre iguais, incluso esta peor xa que está a caer o ceo, por iso insistimos na nosa mensaxe: aproveitade para cociñar que é do que máis presta en días así.
Presentamos pois unha nova receita, que fixemos nesta semana pola visita duns bos amig@s. Iso si, foi un pouco improvisada, xa que andabamos algo enleados con outras cousas. Mais non por iso hai que descoidar a comida, e menos tendo convidad@s. Ocorréusenos pois, elaborar uns saquiños sorpresa cos que procurabamos precisamente sorprender, e facelo sen que nos dese moito traballo. Compramos unha masa fina para poder darlle a forma dos sacos e xa pensamos no recheo, que procuramos fose completiño, con produtos ben diferentes. Optamos entón por un pouco de carne picada, uns fungos, algunha verdura como berenxena ou cebola e... un froito seco moi saboroso como o pistacho. Combinación algo arriscada, mais que saíu á perfección, sobre todo ao se fundir o queixo dando unidade a todos eses sabores, mmmmmm.
Saquiños sorpresa
Ingredientes (para 6 unidades):
- 1 lámina de masa filo
- 200 gr de carne picada
- 5-6 cogomelos
- 1 cebola
- 1/2 berenxena
- 15 pistachos
- 6 dadiños de queixo
- 1/2 vaso de viño branco
- 3 culleradas de salsa de tomate
- 2 culleradas de aceite
- Allo en po
- 1/2 culleriña de comiño
- 1/2 culleriña de ourego
- 1 chili picante
- Pementa moída
- Sal
Utensilios: tixola, coitelo, culler de pau, rolete e moldes para madalenas.
Elaboración:
Para comezar temos de adobar a carne picada. Para iso, colocámola nunha cunca ou prato e sazonámola co allo en po, o comiño, o ourego, o chili, e un chisco de sal e pementa moída. Reservamos.
A continuación, picamos a berenxena en cadrados moi pequenos e colocámola nun prato con papel absorbente e un chisco de sal. Isto faise para quitarlle o amargor. Reservamos.
De seguir, lavamos moi ben e picamos os cogomelos, e picámolos finamente ao igual que a cebola e os pistachos. Reservamos.
Repartimos a carne e poñemos un dadiño de queixo sobre cada un. Pechámolos xuntando a masa sobrante no centro.
¡Chic@s, isto é unha ledicia de receita! ¡Góstame todo o que levan dentro os saquiños, pero e que o exterior tamén pinta xenial! ¡Parabéns pola valentía de misturar deixando atrás os medos! Arriesgáchedes e ganáchedes... ¡Bravo! Seguide así, que eu me levo todas as receitas encantada da vida... hahaha
ResponderEliminar¡Bicos e apertas!
Moitísimas grazas!! Eu penso que na cociña debemos arriscar, pode que algunhas cousas saían mal, mais descubriremos pratos espectaculares... hahaha!
EliminarAlegrámonos que che gusten as nosas receitas,
Un bico e unha aperta enormes!
Thanks for sharing, nice post! Post really provice useful information!
ResponderEliminarFadoExpress là một trong những top công ty chuyển phát nhanh quốc tế hàng đầu chuyên vận chuyển, chuyển phát nhanh siêu tốc đi khắp thế giới, nổi bật là dịch vụ gửi hàng đi nhật và gửi hàng đi pháp uy tín, giá rẻ