Amosando publicacións coa etiqueta torta de queixo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta torta de queixo. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de setembro de 2016

Torta de queixo e chocolate

Aínda que é verdade que nestas semanas estamos preparando e sustentando a nosa alimentación con receitas maioritariamente saudábeis, non podemos deixar de lado a nosa especialidade e paixón: os doces. Así pois, hoxe traémosvos unha torta que preparamos hai dúas semanas para unha encarga dun aniversario. Pensamos que non iamos poder probala mais reserváronnos unha porción e descubirmos o resultado para vos confirmar que se corresponde coa apariencia.
Unha larpeirada con dous produtos estrela como o queixo e o chocolate aínda que canto a sabor, o segundo é o principal protagonista mentres que o primeiro dá un toque fundamental para a textura, tan esponxosa...
Ás veces vemos tortas moi apetecíbeis na rede, mais @s temeros@s adoitan pensar no traballo que requiren. Cómpre animalos a pórse mans á masa porque despois todo vén dado, sen apenas dificultades. E senón, ollade que sinxela!

Torta de queixo e chocolate


Ingredientes:


Para a base:
  • 400g de galletas
  • 100g de manteiga
  • 2 culleradas de cacao puro

Para o recheo:
  • 1250g de queixo mascarpone
  • 300g de chocolate con leite