Amosando publicacións coa etiqueta smoothie de sandía e cenoria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta smoothie de sandía e cenoria. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de xullo de 2016

Smoothie de sandía e cenoria

Bo día, aínda que chuvioso polo norte. Que raro... Con todo, o verán está aquí e por iso procuramos prepararmos receitas frescas. Para nós xa é ritual subir, canto menos unha vez ao ano, receita de smoothie, e por iso non podía faltar unha nova versión en que mesturamos froita e verdura nunha combinación de cores e sabores ben interesante.
Ademais, que estes batidos que están tan á moda teñen unha grandísima vantaxe, a de se realizaren en apenas uns minutos. Isto ofrécenos facilidade para argallar cos ingredientes e probar diferentes experimentos en función do que teñamos pola cociña.
Ademais de polo clima, que aquí non tanto, cómpre aproveitar esta época posto que podemos desfrutar de numerosas froitas e verduras de tempadas logrando os mellores resultados. 
Aí vai!

Smoothie de sandía e cenoria


Ingredientes (para 1 bebida):

  • 200 g de sandía
  • 1 cenoria
  • 1/4 de cogombro
  • 1 cullerada de iogur natural
  • 1 culleriña de xenxibre