Amosando publicacións coa etiqueta rosca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rosca. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de marzo de 2014

Rosca de xamón e tomate

Como ides comprobar a receita de hoxe é moi moi sinxela, algo máis que un simple bocadillo. Primeiro porque que serve para comermos varias persoas xa que utilizamos unha rosca de pan, e despois porque creamos un mollo para el que o fai do máis apetecíbel. Estamos así ante unha receita que parte dunha das mellores mesturas gastronómicas existentes, canto menos para min, a de tomate, aceite e xamón.
Aquí vos deixamos este prato para saírdes de calquera apuro e que vos encantará: 

Rosca de xamón e tomate

Ingredientes (para 2 persoas):
  •  1/2 rosca de pan
  • 200 gr de xamón
  • 1 tomate
  • 1 dente de allo
  • Queixo relado
  • Aceite de oliva
  • Alfábega