Amosando publicacións coa etiqueta comida galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta comida galega. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de abril de 2015

Carne asada con verduras

Martes 14 de abril, nova receita. Sempre dicimos que en Bolboretas no bandullo intentamos dar cabida a todo tipo de receitas, desde as máis innovadoras e atrevidas até as tradicionais, de sempre; ás do país e ás doutras nacións; ás máis sinxelas e rápidas e ás que son algo máis duradeiras no tempo e complexas... 
Así pois, hoxe presentámosvos un prato destes que con seguridade nunca falta en ningunha casa, mais que, non tendo moi claro o motivo, ás veces fica fóra dos pratos elaborados polas novas xeracións. Adoitan facer a carne asada os avós ou avoas e os pais e nais, mais se quixermos seguir degustando é mellor ir aprendendo a facer.
Talvez non sexa tan atractivo como algún outro aínda que dificilmente imaxinamos a nosa alimentaicón sen a carne asada, excepto @s que xa non gustan da carne, claro. Esta receita nada novo dirá para moitísimas persoas que levan anos e anos preparando pratos coma este. Porén, cremos que si pode ser de axuda para animar a persoas que lle teñen respecto a estes clásicos. Con pouquiños pasos e unha boa carne, lograredes terdes un menú saborosísimo e moi nutritivo. Ademais, de seguro que vos sentides mellores e máis competentes despois de o preparardes.

Carne asada con verduras

Ingredientes:
  • 1 kg e medio de carne tenra de porco 
  • 2 cenorias
  • 1 pemento vermello
  • 1 cebola
  • 3-4 dentes de allo
  • 1 vaso de viño branco
  • 1/2 vaso de Brandy
  • Aceite
  • Estragón
  • Pementa moída

martes, 13 de xaneiro de 2015

Polbo á feira

A de hoxe non é unha receita calquera e ben o sabedes. Un produto nacional que amamos as galegas e galegos e que tamén adoran tod@s aqueles que veñen de fóra. Creo que podemos afirmar que é o gran referente da nosa gastronomía, e aínda que sexa unha receita sen moita complexidade, si considerabamos preciso incluila aquí nalgún momento. Non nos sentiríamos ben se non tivésemos a receita de polbo á feira nesta bitácora galega.
Aínda que frecuentemente os degustamos nas diferentes casas de xantar e baiucas do país, de vez en cando optamos por elaboralo na casa, o que está moi ben. Nós xa coñecemos xente que prefire o das tascas e tamén que prefiren o da casa, sendo este o noso caso :-) O que nos interesaba tamén con esta receita era mostrar á xente máis nova, que talvez teña máis respecto a pratos como estes, como con moi pouco traballo se poden lograr pratos tradicionais. É dicir, queremos que os e as estudantes galeg@s se atrevan co polbo á feira. Non é preciso agardar a regresar á casa para desfrutar de pratos como estes, todes sodes capaces de o preparar. E xa veredes que ben vos queda :-)



Polbo á feira

Ingredientes:

  • 1 polbo
  • 4-5 patacas 
  • Auga
  • Aceite de oliva
  • Pemento doce
  • Pemento picante
  • Sal