Bolboreteir@s! De novo por aquí, neste feriado de decembro no que retomamos unha das sección novidosas deste 2016: bitácoras de aquí e acolá. Nela, como xa dixeramos, faremos un percorrido por diferentes territorios do mundo, tecendo así fíos desde Galiza e tentando darmos a coñecer a nosa gastronomía e tamén aprendermos da cociña doutros países. Comezamos xa hai máis dun mes con "A casinha das bolachas" e hoxe continuamos con outro blogue luso marabilloso como De Cozinha em Cozinha passando pela Minha. Con isto pretendemos reforzar os vínculos co territorio portugués e insistirmos no valor dunha gastronomía tan próxima e ás veces tan descoñecida.
De cozinha em cozinha leva na rede desde 2009 con case un millón de visitas desde entón. Carla, a súa autora, residente en Vila Nova de Gaia, preséntanos receitas de moi diferente condición porque desfruta a cociña e sobre todo o feito de comer. Comezou pola cociña de supervivencia aínda que pronto lle deu por innovar con diferentes ingredientes. A tradición, iso si, era indispensábel. Con todo, optou por realizar un curso de cociña e pastelaría onde aprendeu novas técnicas e sabores.
En De Cozinha em Cozinha passando pela Minha navegamos perdéndonos entre o cheiro virtual de dozuras inmensas e pratos irresistíbeis como as recentes Jaffa cakes, un típico Arroz de frango e marisco ou unha saudábel Salada de manga. Ademais, Carla ofrécenos recomendacións de nutrición, información arredor de medidas e equivalencias ou un Projecto Marmita ben interesante.
Con todo, o que nos atraeu deste caderno dixital e no que percibimos certas relacións con Bolboretas no bandullo foi na revalorización da gastronomía como activo cultural a respectar. Leonard Cohen xa nos recibe na portada e percibimos como a arte das palabras percorre boa parte do blogue.
É pois para nos un luxo realizarmos esta colaboración con De cozinha en cozinha e que Carla nos traia un prato super tradicional de Portugal arredor do produto estrela, o bacallau. Igualmente, recomendamos un paseo dixital polo blogue luso para coñecerdes máis e para lerdes a receita galega que hoxe nos levamos para alá: empanada de millo de zamburiñas. Non vos enleamos máis e deixámosvos con esta oda mariñeira!

Bacalhau à Gomes de Sá
É um prato tradicional portuense, criado por José Luís Gomes de Sá, dito filho de um comerciante de bacalhau no Porto, com armazém no Muro dos Bacalhaoeiros e muito afamado entre os amigos pelos seus bolinhos de bacalhau. Tendo o negócio do pai falido, José Luís tornou-se cozinheiro no Restaurante Lisbonense onde, certo dia, resolveu criar, com os mesmos ingredientes dos bolinhos de bacalhau (à excepção do leite), um prato diferente. De um manuscrito que se crê ser da sua autoria e que ía dirigido a um tal de João, consta a receita original com a seguinte nota: "João se alterar qualquer cousa já não fica capaz" e é este o teor do manuscrito: