Estes días foron de moito movemento literario o que fixo que deixásemos en espera certas receitas. Mais estando Manuel María de por medio, a verdade é que calquera larpeirada podía esperar.
Agora, aínda co sabor deses bolos boleiros tan poéticos, traemos unha sobremesa clásica mais que talvez algúns e algunhas xa teñades esquecida. Falamos dos míticos búlgaros que se encontraban nos supermercados e tamén nalgunhas pastelarías.
Supoñemos que denominación se deberá a unha orixe búlgara, mais realmente nada sabemos con certeza do seu nome. Si, que están fabulosamente deliciosos e que aquí voaron. Se gustades da trufa e do sabor de tortas como a selva negra, de seguro que vos encantan estes pasteis.
Aí os tedes!
Búlgaros de chocolate
Ingredientes (para 13-14 unidades):
- 150 gr de fariña
- 150 gr de azucre
- 6 ovos
- 1 sobre de lévedo en po
- 1 cullerada de vainilla
- 500 gr de trufa (receita aquí)
Para a decoración:
- 400 gr de chocolate para fundir
- 40 gr de manteiga
- Fideos de chocolate
