Última publicación do ano xusto no día en que se cumpre o 4º aniversario de Bolboretas no bandullo. Que contentos estamos, amig@s! Como pasa o tempo. Parece que foi onte que comezamos esta andaina cunha entrada de presentación e que se vería acompañada no día 31 pola primeira receita, unha espectacular Torta de profiterois. E aí seguimos, cheos de ilusión e con moitos proxectos por levar a cabo. A vida foi cambiando mais as nosas ansias larpeiras non decrecen!
E así pois, rematamos o 2017 cunha nova idea para os menús especiais destes días. Un petisco elegante co que dar inicio a un banquete cheo de delicias.
Obviamente, esta idea serve para calquera momento do ano aínda que é certo que nós pensamos nela para estas datas polo feito de seren bastante frescos, lixeiros e rapidísimos de facer. Os pratos principais adoitan roubarnos todo o tempo polo que nos queda pouquiño para os petiscos. Pois este cumpre a demanda e satisfainos.
Por certo, antes de nos pór a saborear. Recordade que hoxe é o último día para participar no sorteo dun exemplar de "Os arquivos de Escarlatina".
Dúas opcións: para seguidores/as de Facebook, abonda con compartir calquera entrada das que falabamos do sorteo na propia páxina e seguir a mesma.
Para @s do Twitter ou Instagram, abonda con comentar nunha das últimas entradas do blogue e seguir a páxina nunha desas redes sociais. Moita sorte!!
Volováns
Ingredientes:
- 20-25 gambas
- 9-10 volvováns grandes
- 1 aguacate
- 1 tomate
- 1 cebola
- 1 dente de allo
- 2-3 culleradas de maionesa
- Aceite de oliva