Amosando publicacións coa etiqueta verduriñas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta verduriñas. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de outubro de 2018

Cuscús ao curry con polo e verduriñas

Bo día, bolboreteir@s! Seguimos con acumulación de receitas para o día a día e para a rutina do inicio de curso. Hoxe imos cun ingrediente habitual na nosa alacena e do que tiramos un proveito infinito: o cuscús. De feito, esta receita ten un claro aroma marroquí grazas tamén á intensidade que nos achega o curry.
Esta sémola de trigo dános moitísimo xogo para combinar con carne, peixes ou verduras. De feito, aquí hoxe mesturamos con varios destes produtos. Que prato saboroso ficou!
Se andades na procura dun recurso con moita utilidade, esta é a vosa oportunidade. A por ela!



Cuscús ao curry con polo e verduriñas


Ingredientes:


  • 150 g de cuscús
  • 75 ml de auga
  • 6-7 espárragos
  • 2-3 champiñóns
  • 1 cebola
  • 1/2 pemento vermello
  • 1 dente de allo
  • 2 culleradas de curry

martes, 10 de xullo de 2018

Big Mac da casa

Ui, que lambonciñ@s estamos esta semana! Onte chegamos da praia cunha fame coma un mundo e decidimos darnos unha homenaxe calórica, destas que son necesarias moi de vez en cando. Non sabemos por que mais deunos antollo dunha hamburguesa do McDonalds, que non visitamos desde hai moito tempo. E claro, no canto de irmos, pensamos en preparala na casa que a fin de contas ten que ser máis saudábel e natural si ou si.
Procurando na rede, fomos seguindo algunha pauta da receita de Directo al Paladar. Nós xa somos amantes das hamburguesas en todos os seus formatos mais a verdade é que esta sempre nos gustou moito e non tiñamos claro o motivo. Parecía que a clave estaba entre a salsa e os cogombriños. Experimentamos e sorpresa! Logramos un sabor moi similar ao da cadena estadounidense. Mais como agardabamos, máis naturalidade, especialmente na carne. Ollade o vicio!



Big Mac da casa


Ingredientes (para 2 unidades):


Para as hamburguesas:
  • 6 lascas de pan de hamburguesa
  • Leituga
  • Cebola
  • Cogombriños

Para a carne:
  • 400 g de carne picada
  • Allo en po
  • Pementa moída
  • Sal
  • Aceite de oliva