Bo día, bolboreteir@s! Como vai a semana? Aquí andamos de adaptación á rutina, ben pracenteira, tanto co blogue como co regreso ás aulas. Pouquiño a pouco iremos collendo o ritmo con receitas de moi diverso estilo. A de hoxe pertence a esas das que tanto gustades por sinxelas, rápidas e con moi bo resultado tanto na apariencia como no gustoso, que é o que máis nos interesa.
O quiche é unha torta salgada de orixe francesa que nos conquistou xa hai tempo co ovo e as verduras como protagonistas.Aquí vos recordamos o Quiche de espinacas e xamón que tan bo sabor de boca deixou.
Pois desta volta optamos polo tamaño mini botando man dun molde de madalenas. O resultado foi... Ben, xa o ides. Gozádeo!