Parece que toca volver á rutina e aos bos hábitos, mais sen esquecernos de tomar algún doce para facermos máis agradábel a vida. Hoxe comezamos cunha receita riquísima, unha torta salgada de orixe francés, ideal para o xantar acompañada dunha boa ensalada, que falta fai despois destes días de excesos.
Quiche de espinacas e xamón
Ingredientes:
Para a base:
- 150 gr de fariña
- 75 gr de manteiga
- 1 xema de ovo
Para o recheo:
Nunha tixola con dúas culleradas do aceite, botamos o allo e a cebola picados finamente. Cando a cebola estea pochada, engadimos as espinacas e o xamón, cortado miúdo. Despois engadimos as nosas especias favoritas (nós escollimos ourego e albahaca) e unha pouca de pementa negra para dar sabor. Aparte, batimos os dous ovos xunto coa nata.
Chegou a hora de montarmos o quiche!! Sobre a base, colocamos o recheo de espinacas e xamón e o queixo relado por riba, ademais da mestura dos ovos e nata tendomos en conta que non pode superar a altura da base. De novo, forneamos a 180º, calor arriba e abaixo, durante 35 min, aproximadamente. E xa estaría lista para comer!!
- Dous dentes de allo
- Unha cebola
- Espinacas ao gusto
- Xamón ao gusto
- Queixo relado
- Dous ovos
- 200 ml de nata
- Especias
- Pementa negra
Elaboración:
Primeiramente debemos preparar a base da nosa torta. Nunha cunca debemos frotar a fariña coa manteiga até formar unhas migas. Aparte, temos que batir lixeiramente a xema cunha culleriña de auga fría e agregámola á mestura anterior até obter unha masa homoxénea. Envolvémola en papel de plástico e refrixeramos durante 1hora.
A continuación, extendemos a masa cun rolete sobre unha superficie enfariñada e colocámola no molde. Pinchamos o fondo cun garfo e colocamos sobre el papel vexetal, e por riba unhas fabas ou garavanzos para que a masa non suba no forno. Enfornamos a 180º, calor arriba e abaixo, no centro do forno durante 20-25 minutos. Retiramos as fabas ou garabanzos e enfornamos durante 5 min máis. Reservamos (esta masa pódese preparar con 2 días de antelación).
Nunha tixola con dúas culleradas do aceite, botamos o allo e a cebola picados finamente. Cando a cebola estea pochada, engadimos as espinacas e o xamón, cortado miúdo. Despois engadimos as nosas especias favoritas (nós escollimos ourego e albahaca) e unha pouca de pementa negra para dar sabor. Aparte, batimos os dous ovos xunto coa nata.
Grazas pola receita! Eu faigoa con bonito, mais probarei a facer esta tamén. Ten unha pintaza...
ResponderEliminarCon bonito tamén ten que estar moi boa. A próxima vez que a fagas non te esquezas de mandarnos unha foto!
EliminarMoitas grazas polo teu comentario
Por certo, son Rosalía! jiji
ResponderEliminarProbo a facelo fixo, está moi moi apetetible!! Bicos!
ResponderEliminarParéceme xenial porque a verdade é que queda moi saborosa! Se a fas, non esquezas mandarnos unha foto.
EliminarUn saúdo!
Que boa pinta!!! Penso que xa teño cea para mañá ;-)
ResponderEliminarMoitísimas grazas, serve para cear xa que non se fai nada pesado ;-) Proba proba!
EliminarQue boa pinta! Nunca probei a facer a masa na casa, nótase moito a diferenza coa do súper?
ResponderEliminarA verdade é que si que se nota e merece a pena facela porque é moi sinxela! :D
Eliminar